O que era o teu problema: chegar cada vez peor a fin de mes, ter sobrecarga de traballo, tomar medicación para poder ir traballar, AGORA tamén é un problema dos bancos. Terán que NEGOCIAR para resolvelo.
O motor do cambio somos todas e todos. A nosa unión permitirá que se NEGOCIEN medidas salariais (para que suban os salarios acorde co custe da vida), que se fale de horarios e conciliación (a ampliación da mobilidade xeográfica non favorece esa conciliación) e que se tomen medidas para mellorar o clima laboral e protexer a nosa integridade física e mental, que poñan freo á presión e acoso comercial.
Formalmente as folgas son convocadas polos sindicatos, pero quen fan as folgas son os traballadores e traballadoras. A folga foi convocada con tempo suficiente para que os compañeiros e compañeiras, que sodes e seredes os protagonistas, falásedes entre vós. Mañá, 29 de febreiro, pararemos masivamente.
Toca agora tomar conciencia da importancia de asistir á Manifestación na Coruña, que sairá ás 11:30 da mañá desde a Praza de Vigo. Será o mellor remate, que os traballadores e traballadoras unamos as nosas mans colectivamente e marchemos xunt@s, unid@s, para reclamar o que é de xustiza: que negocien e non impoñan as súas condicións; porque os beneficios récord permiten reverter uns recortes que a Banca quere perpetuar e consolidar inxustamente.
CIG—ELA—SEC–BBVA—Intersindical–CSC
Mañá, 29 de FEBREIRO
Vémonos na MANIFESTACIÓN da Coruña
Saída: Praza de Vigo ás 11:30 h.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
http://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
http://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario