Amosando publicacións coa etiqueta manifestación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta manifestación. Amosar todas as publicacións

8 de marzo de 2025

10M: Traballo, Igualdade e Salarios Dignos nunha Galiza con Dereitos

10m: Traballo, Igualdade e Salarios Dignos nunha Galiza con Dereitos

O 10 de Marzo é o Día da Clase Obreira Galega, que a CIG chama a conmemorar en todas as comarcas para reivindicar, con 12 medidas, traballo, igualdade e salarios dignos nunha Galiza con dereitos.

Ofrenda floral ás 12 h. en Ferrol no monumento 10 de marzal.

Manifestacións ás 20 h. *agás en Vigo (19 h) e Compostela (19:30 h).


4 de marzo de 2024

Folga na banca en Galiza 29F

O pasado 29 de febreiro, na mesa de convenio, manifestamos que a folga en si non é un fin, é un medio que temos as traballadoras e traballadores para conseguir os nosos obxectivos. Neste caso, que a patronal AEB negocie e non impoña, que fagan UNHA PROPOSTA SERIA E ASUMIBLE.

O apoio á folga en Galiza foi moi amplo, coa maioría das oficinas do sector pechadas, e centos de compañeiras e compañeiros manifestándonos na Coruña por un convenio xusto. Sen siglas e sen bandeiras: o protagonismo da folga foi das traballadoras e dos traballadores, e quen convocamos esta folga seguimos apostando por esa unidade, de todas e todos.

Manifestación na Coruña o xoves 29 de febreiro

As bancarias e bancarios berramos alto e claro, polas rúas da Coruña, que rexeitamos os novos recortes que propón a patronal e a presión comercial á que nos someten no noso día a día. Non imos consentir que sigamos perdendo salario e dereitos.

28 de febreiro de 2024

Tod@s xunt@s e unid@s na folga amais da manifestación na Coruña, o 29 de febreiro

Manifestación na Coruña dende a Praza de Vigo o 29 de febreiro de 2024

O que era o teu problema: chegar cada vez peor a fin de mes, ter sobrecarga de traballo, tomar medicación para poder ir traballar, AGORA tamén é un problema dos bancos. Terán que NEGOCIAR para resolvelo.

O motor do cambio somos todas e todos. A nosa unión permitirá que se NEGOCIEN medidas salariais (para que suban os salarios acorde co custe da vida), que se fale de horarios e conciliación (a ampliación da mobilidade xeográfica non favorece esa conciliación) e que se tomen medidas para mellorar o clima laboral e protexer a nosa integridade física e mental, que poñan freo á presión e acoso comercial.

Formalmente as son convocadas polos sindicatos, pero quen fan as folgas son os traballadores e traballadoras. A folga foi convocada con tempo suficiente para que os compañeiros e compañeiras, que sodes e seredes os protagonistas, falásedes entre vós. Mañá, 29 de febreiro, pararemos masivamente.

25 de xaneiro de 2023

Dende o pasado abril, 6 manifestacións e 99 concentracións para reclamar a suba salarial

Xornada de loita en Pontevedra.

Para un salario medio (45.000 ) a perda anual (pola non actualización co IPC dos anos 20212022) é de 4.770 . Os atrasos acumulados que non cobraremos son 9.540 euros de media. Unha vez que os bancos asociados á AEB están aboando a «suba adicional 2023», vemos coma en moitos casos está no 2 % (xa que non se actualiza a antigüidade). Por iso a CIG segue reclamando que se soben os prezos, teñen que subir os salarios

8 de novembro de 2022

Mobilizacións en Vigo para demandar a actualización dos salarios

Quinta xornada de mobilizacións, manifestación e concentracións en 16 oficinas bancarias.

A quinta xornada de loita da CIG tivo lugar en con máis motivos que nunca: por unha parte, os bancos presentaron beneficios escandalosos e por outra, foi patente a ruptura da negociación ilegal no observatorio sectorial.

Manifestación en Vigo o pasado 8 de Novembro 2022 pola actualización dos nosos salarios

20 de outubro de 2022

Mobilización da CIG para demandar a actualización dos nosos salarios

Manifestación e concentracións en 16 bancos de .

A CIG continua coas mobilizacións para reclamar a actualización dos salarios do persoal afectado polos Convenios de Banca (AEB) e Aforro (CECA).
En dous anos a perda elévase ao 15 %, cronificándose para o resto da vida laboral pola falta de cláusula de revisión. Ademais agardase que a inflación poda superar o 5 % no 2023 e a perda do superaría o 20 %

Manifestación en Compostela o pasado 20 de Outubro 2022 pola actualización dos nosos salarios

27 de xuño de 2022

Manifestación en Lugo o 23 de xuño e concentracións diante de 20 oficinas

Se queremos revisión salarial, hai que moverse

As delegadas e delegados da CIG–Banca percorremos as rúas de en manifestación concentrándonos diante das sucursais para demandar unha revisión salarial xusta e para protestar contra a presión comercial.

Manifestación en Lugo

Tal e como está acontecendo noutros sectores, as patronais resístense a actualizar os salarios, incrementándose a conflitividade.

19 de maio de 2022

Manifestación por Ourense e concentracións diante das sucursais bancarias

Nova xornada reivindicativa da CIG–Banca

foi o escenario dunha nova xornada de loita pola recuperación salarial e contra a presión comercial e a suba dos obxectivos. Estes días coñeceuse que as altas direccións subíronse os bonus un 29 %, ao tempo que o IPC a nivel galego pechou nun 9,1 %

Manifestación en Ourense

A CIG–Banca saíu á rúa para demandar unha suba salarial digna, rexeitando os recortes dos Convenios estatais.

Manifestación en Ourense

Mentres as altas direccións subíronse a retribución variable un 29 %, e o IPC a nivel galego pechou no 9,1 % o mes pasado, AEB e CECA manteñen a conxelación salarial.

2 de maio de 2022

Manifestación pola Coruña con numerosas concentracións diante das sucursais bancarias

Intensa xornada reivindicativa da CIG–Banca

O pasado 28 de abril, delegadas e delegados da CIG nos comités dos distintos bancos, mobilizáronse para reclamar que se actualicen os salarios, percorrendo durante máis de 3 horas as rúas de , con concentracións en 20 sucursais de distintas entidades que se atopaban no percorrido, rematando na Delegación do Goberno, para protestar contra o Real Decreto da Autoridade de Defensa da Clientela.

Manifestación na Coruña

A CIG–Banca saíu á rúa para demandar unha SUBA SALARIAL DIGNA, rexeitando os recortes dos Convenios Estatais e protestar contra o incremento brutal dos obxectivos e da presión comercial.

Manifestación na Coruña

Os ánimos estaban quentes e as consignas «Se soben os prezos, teñen que subir os salarios» ou «A presión comercial é acoso laboral», resoaron permanentemente polas rúas da Coruña.

Manifestación na Coruña

Concentración diante da Subdelegación do Goberno na Coruña
A manifestación partiu ás 11 da mañá da rúa Juan Flórez, con concentracións nas oficinas do BBVA, Abanca, B. Santander, B. Sabadell, Bankinter e Caixabank, ata os Cantóns, para rematar na Delegación do Goberno, onde se protestou polo Real Decreto de creación da «Autoridade de defensa dos clientes financeiros», que fai Lei o modelo antisocial posto en marcha polas direccións dos bancos. Non regula o dereito da clientela a ser atendida presencialmente, nin pon freo ás abusivas comisións; tampouco regula tempos máximos de espera nas colas; pero ademais de dar corpo de lei á reconversión que afecta aos postos de traballo, pode dar lugar a sancións aos bancarios e bancarias.

20 de maio de 2021

Así non se pode negociar, falta información básica e facer propostas así é temerario

EREBBVA · Período de consultas

Non ao ERE no BBVA

Non entendemos como é posible facer contrapropostas cando descoñecemos información básica, como as persoas afectadas polos distintos Expedientes. Pero tampouco sabemos cantas prexubilacións e cantos despedimentos «oferta» o banco; calquera proposta sindical debería partir dese dato, non é o mesmo negociar un 10 % de prexubilacións e un 90 % de despedimentos, que á inversa.

10 de marzo de 2020

Pola recuperación de dereitos e na defensa da industria e do emprego en Galiza

A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións que ten convocadas en todas as comarcas hoxe día 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega baixo o lema «Pola recuperación de dereitos para avanzar e na defensa da industria e do emprego en Galiza».


Lugares e horarios das mobilizacións do 10 de marzo


Lugares e horarios (CET)



  Vídeo: YouTube  [.mp4] 9 Mb

1 de marzo de 2018

Manifestación Nacional e Folga de Mulleres, os días 4 e 8 de Marzo

A CIG chama a participar na Manifestación Nacional de Mulleres do domingo 4 de Marzo en .

Impulsada pola no marco da folga do , o colectivo fai un chamamento a participar activamente na xornada de Folga de Mulleres convocada a nivel internacional para o vindeiro 8 de marzo. Unha folga que vai máis aló do paro laboral, facendo un chamamento tamén a realizar unha folga de coidados e de consumo, que axude a visibilizar as discriminacións e a desigualdade, así como o contributo das mulleres tanto na esfera produtiva como reprodutiva. Pretende tamén darlle pulo ás convocatorias que terán lugar o propio día 8 nas diferentes localidades do país.

3 de marzo de 2017

8 de marzo: igualdade para que?

A CIG fai un chamamento a participar na manifestación nacional convocada pola CIG ante a conmemoración do , que sairá do ás 10:45 horas, concentrándonos ás 11 horas o día 8 de marzo, diante da , en Compostela, en solidariedade con , condutora de , por representar a meirande parte das discriminacións que sufrimos as mulleres no mundo do traballo, tras padecer durante 8 anos acoso e terrorismo patronal.


1 de xullo de 2015

Unha lei para amordazar a loita obreira

A , do 30 de marzo, de protección de seguranza cidadá (LOSC, xa coñecida popularmente como «Lei Mordaza») introduce un catálogo de faltas ou infraccións que non pondera as circunstancias especiais que concorren no exercicio dos dereitos fundamentais de liberdade sindical e folga, o que pode producir efectos contrarios á propia .
En resumo, a «Lei Mordaza» converte os conflitos laborais en conflitos de orde pública.

A represión da protesta social mediante o dereito administrativo sancionador adoita presentarse como máis leve ou benévola que a puramente penal. Porén, a contrapartida é a drástica redución das garantías xurídicas que caracteriza o dereito administrativo: a Administración actúa como xuíz e parte, os seus actos son executivos e gozan de presunción de acerto e legalidade e a impugnación xudicial das sancións en vía contencioso-administrativa convértese moitas veces nun calvario lento e custoso.


15 de maio de 2015

Queremos atención en galego, 
queremos traballo aquí

As grandes empresas subministradoras de servizos e bens, continúan coa carreira incansable por deslocalizar os postos de traballo a terceiros países. En moitos casos obrigan á clientela a falar español, negándolle a atención en galego; así poden atender dende fóra (América Latina, Marrocos… etc.).

Nós queremos que as persoas sigan traballando aquí, por iso temos en marcha unha campaña para demandar que se recoñeza por Lei o dereito da clientela a ser atendida en galego, e para concienciar á sociedade da importancia de reconquistar para o galego o espazo de relación entre empresas e clientela.

Queremos atención en galego, queremos traballo aquí!
Falando galego creamos emprego!

29 de abril de 2015

Contra a probreza, emprego e salarios dignos

Contra a probreza, emprego e salarios dignos

Fronte á propaganda do PP de que a crise está superada e de que todo vai ben, a realidade é que celebramos este 1º de Maio nunha situación de enorme dificultade para amplos sectores da clase traballadora galega. A situación só vai ben para aqueles que son os responsábeis desta crise económica, os banqueiros/as, os especuladores/as, os oligarcas españois amigos/as do PP.

A realidade que a Xunta de Galiza e o Goberno español, coa colaboración dos grandes medios de comunicación de masas, manipulan e ocultan todos os días, se por algo se caracteriza é por un forte retroceso en dereitos laborais e sociais e en calidade de vida, para amplos sectores da sociedade, até o extremo de levar a miles de persoas a una situación de pobreza e de exclusión social, acompañado todo isto dunha forte política represiva e de recorte das liberdades públicas.

16 de abril de 2015

Xornada xeral de mobilización contra o TTIP

TTIP

A CIG, membro da Plataforma Europea «», súmase á xornada internacional de mobilizacións xerais e simultáneas que se desenvolverán en Europa e América do norte o vindeiro sábado 18 de abril e convoca concentracións e actos en todas as comarcas contra os diferentes tratados que están a negociar a UE e América do Norte, entre eles o TTIP (Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos) e o CETA (Acordo Económico de Comercio Global).

4 de febreiro de 2015

Maniféstate pola lingua

A CIG fai un chamamento a participar na manifestación convocada pola plataforma , da que formamos parte, que baixo o lema «Polas fillas dos nosos fillos» partirá o día 8 de febreiro, ás 12 h, da , diante da dramática situación na que se atopa a nosa lingua coa perda acelerada de galegofalantes. Unha situación que se viu confirmada cos datos máis recentes do do IGE, no que se constata, entre outras cuestións, que o 75%  de menores de 15 anos non fala nunca en galego.

28 de xuño de 2014

Defender os dereitos da clase traballadora non é delito

Conforme se agravan as políticas de recorte e agresión contra os dereitos das clases populares, asistimos tamén á reiterada criminalización da resposta social, especialmente a de carácter sindical. É tamén crecente a represión contra todas aquelas persoas e movementos sociais que, no libre exercicio de dereitos fundamentais, se opoñen ás políticas antisociais do goberno, esixen respecto aos seus dereitos e demandan condicións de vida e de traballo dignas.

cartaz «Non á represión sindical, mobílizate! o 30 de xuño

Os sindicatos CIG, CC.OO e UGT convocamos folgas para reivindicar a mellora das condicións laborais e durante estas sucedéronse denuncias contra moitas das persoas que participaron nestas accións reivindicativas. No ano 2008, durante a negociación do Convenio Provincial de Transporte de Mercadorías da provincia de Pontevedra, no 2010, nas negociacións do Convenio Galego de Instalacións Deportivas, e no 2012, no transcurso da folga xeral do 14 de novembro.

22 de abril de 2014

Contra a explotación e a pobreza: Fagámoslle fronte a Unión Europea

Na Galiza preto de medio millón de persoas están baixo o umbral de probreza, e desta cifra, case cen mil son menores de 18 anos, segundo Cáritas. Cada mes máis de 150 familias perden a vivenda.

Políticas promovidas desde a Unión Europea, coa colaboración da Xunta de Galiza e do Goberno Español, están estrangulando a economía galega, a nosa pesca, o noso sector agrogandeiro, o sector naval, o sector do comercio ou o noso sector financeiro.
O noso pobo sofre un éxodo propio dun país empobrecido, colonizado e utilizado como man de obra barata para os países ricos e as grandes multinacionais que gobernan Europa.

1º maio

O número de desempregados/as alcanza cifras históricas, 280 mil persoas no desemprego, o 22%  da nosa poboación activa. Desde o inicio da crise, máis de 100 mil galegas e galegos, principalmente mozos e mozas menores de 35 anos, marcharon á emigración en busca de traballo.

Con eles, o desemprego real supera o 30% . Un dato que a Xunta oculta e manipula.