Delega o teu voto para a Xunta Xeral de Accionistas do BBVA na CIG, en Mª Carmen García González (oficina 2200 A Coruña)

8 de marzo de 2025

10M: Traballo, Igualdade e Salarios Dignos nunha Galiza con Dereitos

10m: Traballo, Igualdade e Salarios Dignos nunha Galiza con Dereitos

O 10 de Marzo é o Día da Clase Obreira Galega, que a CIG chama a conmemorar en todas as comarcas para reivindicar, con 12 medidas, traballo, igualdade e salarios dignos nunha Galiza con dereitos.

Ofrenda floral ás 12 h. en Ferrol no monumento 10 de marzal.

Manifestacións ás 20 h. *agás en Vigo (19 h) e Compostela (19:30 h).


Os dereitos conquístanse

Reclamamos as loitas protagonizadas pola clase traballadora galega en 1972 durante as que foron asasinados en Ferrol, pola policía franquista, os traballadores da antiga Bazán, . Loitas que comezaron en Ferrol no mes de marzo e que, meses despois, se estenderon a Vigo por mellores condicións de traballo e por defender a negociación colectiva en Galiza.

Todos os indicadores públicos sobre a realidade laboral e social reflicten un empeoramento dos empregos e da perda de poder adquisitivo dos salarios. Cada día é máis a precariedade a e pobreza laboral, a desigualdade, a fenda de xénero e a desprotección social.

Ter traballo non implica acceder a dereitos básicos como a alimentación e a vivenda, nomeadamente entre a xente nova e as mulleres.

Un Goberno que busca reforzar a dependencia económica e política galega ao sistema centralista español, mentres agonizan máis sectores produtivos e a desertización social e industrial é maior, así como a emigración e o avellentamento da poboación.

Nesta realidade cuestiónase o noso dereito a negociar e decidir en os nosos convenios colectivos para termos mellores condicións de traballo e salarios dignos.

Recoñecer este dereito é poder democratizar a negociación colectiva ante a permanente centralización en convenios estatais negociados por cúpulas sindicais sen a participación das persoas traballadoras.

Está na nosa man e na nosa capacidade de organización sindical e de loita frearmos este retroceso e precariedade que representa a fórmula perversa de neoliberalismo-diálogo social-estatalización.

Debemos confrontar esta situación ante os gobernos e ante a patronal desde o convencemento de que as políticas favorábeis para a clase traballadora e para o pobo galego non son concesión bondadosa dos gobernos nin nacen do diálogo social. Os dereitos conquístanse loitando.

Son tempos de loita

Este 10 de Marzo mobilízate coa CIG




Ligazón relacionada:

Vídeo: YouTube  [.mp4] 28'4 Mb



➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Boletín Sindical 83 | 2025 [.pdf • 1,4 MB]


Ningún comentario: