A CIG, membro da Plataforma Europea «Alter Summit», súmase á xornada internacional de mobilizacións xerais e simultáneas que se desenvolverán en Europa e América do norte o vindeiro sábado 18 de abril e convoca concentracións e actos en todas as comarcas contra os diferentes tratados que están a negociar a UE e América do Norte, entre eles o TTIP (Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos) e o CETA (Acordo Económico de Comercio Global).
Este sábado hai concentracións nas distintas cidades e vilas galegas, agás en Vigo, onde terá lugar unha manifestación na que participa a CIG.
- A Coruña: Subdelegación do Goberno, 12:00 h.
- Compostela: Praza de Galiza, 11:30 h.
- Ferrol: Pz. do Himno, 12:00 h.
- Lugo: Pz. Maior, 12:00 h.
- Ourense: Subdelegación do Goberno, 11:30 h.
- Pontevedra: Pz. da Peregrina, 20:00 h.
- Vilagarcía de Arousa: Pz. de Galiza, 12:00 h.
- Vigo: Manifestación, saída desde farola de Urzaiz, 20 h.
Infórmate, divulga e participa nas mobilizacións, están en xogo os teus dereitos máis fundamentais.
Ligazóns relacionadas:
Tratado libre comercio UE—EUA (e Canadá): Que é o TTIP?
A CIG asina manifesto contra os acordos trasatlánticos
Tratado libre comercio UE—EUA (e Canadá): Que é o TTIP?
A CIG asina manifesto contra os acordos trasatlánticos
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario