A CIG, membro da Plataforma Europea «Alter Summit», súmase á xornada internacional de mobilizacións xerais e simultáneas que se desenvolverán en Europa e América do norte o vindeiro sábado 18 de abril e convoca concentracións e actos en todas as comarcas contra os diferentes tratados que están a negociar a UE e América do Norte, entre eles o TTIP (Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos) e o CETA (Acordo Económico de Comercio Global).
Amosando publicacións coa etiqueta USA b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta USA b>. Amosar todas as publicacións
16 de abril de 2015
Xornada xeral de mobilización contra o TTIP
17 de febreiro de 2015
Que esconden os tratados transatlánticos da UE cos EUA e Canadá?

Máis explotación, máis pobreza, menos soberanía, menos dereitos e menos democracia. Ese podería ser o resumo das consecuencias que os tratados transatlánticos de libre comercio que a UE está a negociar cos EUA e Canadá —os denominados TTIP e CETA— van supor para as clases populares. Uns acordos que non se discuten en ningún parlamento e cuxas negociacións son secretas.
Por iso, a CIG ten en marcha unha campaña que, nunha primeira fase, pretende divulgar o contido dos tratados, ante a escasa información que existe sobre os mesmos e a ocultación por parte dos grandes medios de comunicación de tan grave ataque aos nosos dereitos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
