
Máis explotación, máis pobreza, menos soberanía, menos dereitos e menos democracia. Ese podería ser o resumo das consecuencias que os tratados transatlánticos de libre comercio que a UE está a negociar cos EUA e Canadá —os denominados TTIP e CETA— van supor para as clases populares. Uns acordos que non se discuten en ningún parlamento e cuxas negociacións son secretas.
Por iso, a CIG ten en marcha unha campaña que, nunha primeira fase, pretende divulgar o contido dos tratados, ante a escasa información que existe sobre os mesmos e a ocultación por parte dos grandes medios de comunicación de tan grave ataque aos nosos dereitos.
O novo modelo de tratado de libre comercio que se está a negociar desde 2013, coa intención de crear a zona de libre comercio maior do mundo, ten como principais obxectivos chegar a un acordo que entre permita a superación da soberanía das nacións igualando as multinacionais xuridicamente cos estados, impoñer un modelos socioeconómico que non poida poñer atrancos ás cobizas de poder social e económico das castes neoliberais a través de organizacións antidemocráticas, Fondo Monetario Internacional, Banco Mundial, Organización Mundial de Comercio, Institucións chave para o proxecto neoliberal.
Infórmate e divulga, están en xogo os teus dereitos máis fundamentais.
Tratado libre comercio UE—EUA (e Canadá): Que é o TTIP?
A CIG asina manifesto contra os acordos trasatlánticos

➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario