A CIG fai un chamamento a participar na manifestación convocada pola plataforma Queremos galego, da que formamos parte, que baixo o lema «Polas fillas dos nosos fillos» partirá o día 8 de febreiro, ás 12 h, da Alameda de Santiago, diante da dramática situación na que se atopa a nosa lingua coa perda acelerada de galegofalantes. Unha situación que se viu confirmada cos datos máis recentes do relatorio do IGE, no que se constata, entre outras cuestións, que o 75% de menores de 15 anos non fala nunca en galego.
Para garantir un futuro para o noso idioma, cómpre paralizar os ataques e a persecución do PP e emprender un cambio de rumbo na política lingüística que posibilite a plena normalización lingüística. O futuro de Galiza vai parello ao porvir da nosa lingua.
Por iso, é imprescindíbel que participes na mobilización do 8 de febreiro e a que asines o manifesto de apoio.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario