A patronal AEB, a pesar do rexeitamento da súa proposta por parte de todas as organizacións con presencia na mesa, acudiu a última reunión cos mesmos prantexamentos, sen cambiar nin unha coma.
Desde a CIG manifestamos na reunión que a patronal non pode seguir instalada na súa pretensión de recorte salarial e de dereitos. O conxunto das persoas que traballan no sector teñen que ser partícipes dos bos resultados conseguidos e dos que están por chegar, do mesmo xeito que soportaron os efectos da crise e os EREs.
A ampliación da mobilidade xeográfica que propoñen é unha medida que profundiza no recorte de dereitos e precariedade, e ten un coste económico importante para as persoas que se podan ver afectadas. Ao tempo que pode ser empregada polas empresas, de forma arbitraria, como medida de presión. Ademais no ámbito galego é moito máis lesiva, tendo en conta que temos un transporte público deficitario e unha orografía complexa.
Recalcamos que o malestar e descontento no sector son un clamor. Recordámoslle á patronal AEB, que os compañeiros e compañeiras de ABANCA irán mañá foron o día 11 de xaneiro á folga, manifestándose e manifestáronse a partir das 11:30 h. na cidade da Coruña, nunha mobilización sen siglas, co apoio da CIG e ASCA, porque son as súas reivindicacións e a súa loita.
O persoal dos bancos AEB comparte en gran medida as reivindicacións dos compañeiros e compañeiras de ABANCA.
Dixémolo na mesa de convenio: ese debe ser tamén o noso camiño.
A próxima xuntanza está convocada para o día 6 de febreiro. Esperemos que a patronal reconsidere a súa postura e traia unha proposta adecuada á realidade do sector.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
http://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
http://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario