21 de outubro de 2008

Novas actuacións das Inspeccións de Traballo no BBVA

Ante as denuncias da CIG as Inspeccións de Traballo de A Coruña e Pontevedra teñen novas actuacións en marcha no BBVA en materia de prevención de riscos laborais e de extensión ilegal da xornada laboral.
O pasado día 8 de outubro, acudimos á Inspección de Traballo de A Coruña convocados xunto con responsables do BBVA e resto de forzas sindicais do Comité de Empresa da provincia, debido á denuncia que a CIG presentou en relación coa falla dos preceptivos informes de prevención de riscos laborais necesarios polos cambios realizados nas oficinas ao instalar os postos das CBC.
Pasados xa cinco meses dende a implantación, a metade das oficinas afectadas na provincia, seguían sen avaliar despois dos cambios, polo que a empresa descoñecía se estaba a cumprir os mínimos legais de prevención de riscos laborais, aínda que non parece que lle preocupara moito.
Asemade, se lle comunicou á Inspección a falla de información á que nos ten sometido o BBVA e a escaseza de medios con que atende o seu servizo de prevención de riscos laborais.
O Banco, como é habitual non entende que estea a actuar por riba da legalidade, pero a Inspección non opinou o mesmo, polo que o día 23 teremos unha nova reunión na que terán que aportar os informes de todas as oficinas que non estiveran aínda avaliadas.
Tamén terán que aportar toda a información de prevención dende a constitución do último comité en decembro de 2006 como marca a Lei e, a partir de agora, facernos chegar a mesma puntualmente. A inspectora actuante advertiu á empresa de que se debería aumentar a dotación de persoal do servizo de prevención de riscos laborais.
Queda patente unha vez máis, como o BBVA non amosa preocupación algunha polo seu cadro de persoal, cando nin sequera as condicións físicas nas que teñen que traballar son estudadas segundo a Lei e previamente á instalación como deberan.
É evidente a prepotencia coa que actúan ao non respectar os preceptos legais de información á representación sindical.
Sumamos unha nova vitoria ante a Inspección e, salvo que o BBVA cambie radicalmente de actitude (co que, a verdade, non contamos), esperamos que non sexa a última, de xeito que poidamos, cando menos, contar coa protección do sistema e deste xeito, facer que a protección sindical dos traballadores e traballadoras galegos sexa de mellor calidade da que están a recibir noutros lugares do Estado.
Tamén o 15 deste mes foi convocado ante a Inspección o Comité de Empresa da provincia de Pontevedra, con resultado satisfactorio en canto que se recoñeceu o abuso que se fai das horas extras sen pagar, cotizar ou comunicar ao Comité de Empresa, a falla de información que sofre a representación sindical, ou a lentitude e falla de interese que o BBVA amosa no cumprimento da lexislación de prevención de riscos laborais.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]






Ningún comentario: