30 de outubro de 2008

Cambio no teleproceso

Proximamente nas nosas pantallas teremos unha nova complicación: o teleproceso que coñecemos cambia por un sistema supostamente máis intuitivo (¿para que o poida manexar calquera?) e polo que parece, moitísimo máis lento (¿para que á xente lle entren máis ganas de ir aos caixeiros?). Coincide este cambio, e non cremos que sexa casualidade, coa reunión que o BBVA mantivo coa administración dos CBC sobre a importancia da automatización. Para este cambio masivo, que afecta a todo o mundo en maior ou menor medida, a formación vai en cascada: os RGA serán responsables de dar a información ao resto do cadro de persoal. Isto nos fai preguntarnos algunhas cuestións: -¿Que seguimento ou control vai ter que efectivamente se faga a formación do persoal? -¿Están todos os RGA preparados para ser formadores? -¿Cando e como se vai impartir dita formación? As respostas a estas cuestións son tan numerosas como CBC’s poidades atopar, e é que a indefinición volveuse a marca característica do noso funcionamento post cambio climático. Dende a CIG poremos todos os medios ao noso alcance para que os inconvenientes que nos poida causar este cambio sexan os menores posibles e que, no peor dos casos, teñan compensación. Velaí algunhas suxestións: -Se vedes que ides quedar sen a formación, contactade coa vosa representación sindical e/ou pedídea por escrito. -Tede en conta que ninguén vos pode obrigar a recibir formación pola tarde, xa que non son as vosas horas de traballo. -No caso de que queirades aceptar voluntariamente un horario fóra do de traballo, estades no voso dereito de que vos abonen gastos de comida e que vos compensen o tempo empregado no curso con tempo libre noutro momento. -O noso consello é que non ampliedes o voso tempo de traballo, pero en calquera caso, nunca o regaledes.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]






Ningún comentario: