Unha das primeiras cuestións que están a xurdir como consecuencia dos movementos de persoal producidos polo Proxecto CLIMA, é que aínda que os Cadros de Vacacións xa foran pechados (tardísimo, por certo) é moita xente a que se atopa con que no novo destino lle piden (ou lle esixen que pidan) a modificación dos seus períodos vacacionais:
- En primeiro lugar, temos que lembrar que o movemento de persoal causado polo «cambio CLIMÁtico» é un tema organizativo de BBVA que non debería conculcar os dereitos da xente.
- Xa o xeito en que se fixeron os traslados, por imposición e sen consideracións, nin persoais, nin económicas… de ningún tipo, é de todo irrespectuoso cos dereitos das persoas que traballamos para BBVA.
- Asemade, A PROTECCIÓN LEGAL DAS VACACIÓNS É MÁXIMA: É dicir, que pechado o Cadro de vacacións, os períodos autorizados no mesmo, teñen a consideración de PERÍODOS DE DISFRUTE AUTORIZADOS.
- Se o disfrute non vai coincidir co cadro, é o traballador ou traballadora quen ten que SOLICITAR A ANULACIÓN, e posterior solicitude dun novo período, coas correspondentes autorizacións por parte do/a responsable: SEGUNDO A NORMA, É O TRABALLADOR OU TRABALLADORA QUEN INICIA DITO PROCESO.
- Non esquezades que na norma 93.70.003, xa di que o persoal deberá ter a posibilidade de coñecer o seu cadro de vacacións polo menos con dous meses de anticipación. O que este ano foi incumprido en moitos casos.
Estando o Cadro pechado, BBVA non pode ESIXIR a ninguén que modifique os seus períodos de vacacións, como así nos confirmou o Departamento de RR.HH da nosa Territorial.
Se alguén modifica as vacacións debe ser porque así o quere ou o precisa.
O persoal que queira disfrutar as vacacións nos períodos xa autorizados no cadro, PODE e DEBE facelo.
Coma sempre, quedamos a disposición de todos e todas vós para que contactedes con nós se tedes calquera dúbida, consulta, necesitades apoio, ou non respectan os vosos dereitos.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario