Francisco González, presidente do BBVA, cobrou 5'08 millóns de euros o pasado ano
A Dirección do BBVA ten posto en marcha un plan de redución de custes, baseado na eliminación dos traballadores e traballadoras indefinidos do banco, que seran sustituidos por persoal de subcontratas con peores condicións laborais. Nada novo no sector financeiro si non fose polo alcance do mesmo, até o persoal de ventanilla podería ser sustituido por persoal cedido por unha empresa de seguridade.
Transcribimos aquí o comunidado remitido ao persoal da Entidade.
Coma se dun tornado se tratara, chegou o CLIMA, o último proxecto ultrasegredo da Dirección do banco (tanto é así que non se falou del como tal na recente Xunta de Accionistas).
Aos representantes da nosa Sección Sindical, se lles convocou á Coruña (nin sequera a Madrid co resto de sindicatos) ás seis da tarde do día anterior a que aparecera publicado en prensa.
A día de hoxe temos a información oficial, a extraoficial, as múltiples interpretacións e o correveidile, que tristemente está a ser a fonte máis fiable. Non imos entrar axiña nas consecuencias que terá a implantación deste novo sistema.
É un cambio organizativo ao que temos que prestar a máxima atención, xa que se o obxectivo último é a redución de custes: Cántas fases pode chegar a ter? Cantas quendas de prexubilación haberá? e Que pasará se non reducen dabondo coas prexubilacións?…
Polo de agora témonos que centrar nalgúns puntos máis urxentes: a forma na que se procedeu á implantación do sistema foi prepotente e avasaladora, o que non presaxia nada bo. Valga como mostra:
- A absoluta falta de transparencia e información:
- É absolutamente o contrario (coma sempre), do que predica BBVA no seu Código de Conduta, Informe de Responsabilidade Corporativa e demais relacións de «principios».
Nin responsables, nin persoal, nin sindicatos nin accionistas. Colleu a todos de improviso.
Parece que contan coa sorpresa e a desinformación para crear confusión dabondo e que ninguén proteste. - A total desconsideración coas persoas:
- Moitos dos cambios se comunicaron por correo ou a través do director de oficina: Onde están os xestores de persoal?
Os traslados non se propoñen: Se «comunican», como se xa non existiran nin Leis nin Convenio, nin acordos de Conciliación, nin nada… (lembrade que calquera cambio de oficina debe ser comunicado por escrito e que vos podedes opoñer aos traslados a máis de 25 km.)
Houbo directores e directoras de oficina cabeceira que souberon que deixaban o posto porque non foran convocados á reunión dos novos mandos de CBC, e até pasaron días sen que soubesen que pasaba con eles e elas.
Tamén houbo quen coñeceu da súa situación na rúa, ou noutras oficinas onde se lle da á lingua máis rápido.
Os cambios de posto asumindo maior responsabilidade non están a supoñer aumento nas remuneracións fixas, pero ás persoas afectadas por cambios a postos de menor responsabilidade, polo pronto, hanlle baixar os complementos variables. ASÍ CALQUERA AFORRA CARTOS.
E, Cantas das persoas afectadas saben exactamente cales son as súas novas funcións?
Ante tal cúmulo de despropósitos e falla de información fiable andamos na procura de aclaracións para tomar ás medidas precisas o máis axiña posible.
Coma sempre esperamos coa vosa colaboración e non deixedes de contactar con nós ante calquera dúbida que vos xurda.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario