9 de febreiro de 2022

Publicidade enganosa pagada pola Patronal

As persoas que traballamos nos bancos estamos afeitas a que, malia ter beneficios multimillonarios, os bancos executen ERE's. Despiden, destrúen emprego e modifican e amplían a capricho os horarios e a mobilidade, e recortan os salarios. A reforma laboral que vén de ratificarse no Congreso non limitou ese privilexio empresarial que atenta contra o noso dereito ao traballo.

Os bancos teñen beneficios multimillonarios, os Directivos cobran inmerecidos salarios estratosféricos, autopáganse variables de escándalo e engrosan ano a ano uns Plans de Pensións multimillonarios, por se algún día os botan (por ineptos)…

Como é posible que aínda así podan meter ERE's para milleiros de persoas? Pois polas reformas laborais de PP e PSOE. Non fai falta que unha empresa dea perdas, nin ten que xustificar que co ERE será viable, abonda que queira despedir.

Derroga a nova reforma laboral este privilexio empresarial que atenta contra o dereito ao traballo? Non.
Recuperan a indemnización de 45 días por ano traballado cando unha sentenza xudicial diga que o despedimento foi inxusto? Tampouco.

O poder económico está utilizando aos medios de comunicación, ao Goberno de PSOEUP e a oposición do PP, para lanzar unha campaña de publicidade e mentiras sobre a reforma laboral. Pero a realidade é que, como iredes vendo, as de 2010 e 2012 seguen en vigor a disposición dos bancos.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]





Comunicado 220209 [.pdf • 85 kB]



Ningún comentario: