14 de marzo de 2012

Non é un Convenio, é unha porta aberta á reestruturación salvaxe do sector

Non hai moito, asinábase o Convenio [.pdf • 1'65 Mb] das antigas Caixas, que establecía unha cláusula de emprego idéntica á que acaban de asinar no Convenio da Banca. Dita cláusula establece -como medidas para afrontar o proceso de reestruturacións/fusións- suspensións de contrato, reducións de xornada, mobilidades e modificación substancial das condicións de traballo (recortes salariais, no plan de pensións, etc.).

Esta cláusula non garante o emprego, como demostran os procesos en marcha no sector das antigas Caixas (Novagalicia Banco, Banca Cívicaetc.). Pero é máis, CC.OO e UGT, xa pactaron aplicar estas medidas en Novagalicia Banco: 700 baixas incentivadas, ceses «voluntarios» sen dereito a paro e sen exención fiscal para os maiores de 50, suspensións de contrato e reducións de xornada para o 75%  do cadro de persoal (case 5.000 persoas), recorte dos salarios e recorte das achegas ao Plan de Pensións.


Se o proceso de reestruturación do sector na década dos oitenta foi fundamentalmente a través das prexubilacións, a Reforma Laboral [.pdf • 507  Kb] abre novas vías que algunhas entidades están xa a utilizar e que, a partires de agora, o Convenio permitirá aplicar con carácter xeral. O Decreto de Guindos obrigará a unha reconversión salvaxe que contará co visto e prace do sindicalismo centralista. Iso si, no Convenio de Banca introducen garantías para os delegados/as sindicais no caso de verse afectados pola reestruturación.

En materia de retribucións, o Convenio de Banca establece un recorte salarial: conxelación durante 2011 e 2012, e insignificante suba salarial para 2013 e 2014 desvinculada do IPC. Nestes anos, poderase percibir un complemento en base ao RAE (indicador que o Banco de España comunica á AEB ? e que polo tanto manexan entre eles). O recorte salarial tamén foi esgrimido no Convenio das Caixas como instrumento para garantir os postos de traballo, pero sen embargo houbo recorte sectorial, recorte salarial nas empresas e despedimentos. Demostrouse así que baixar os salarios non garante o emprego.

O Convenio de Banca tamén fixa un recorte na prestación complementaria en caso de xubilación anticipada do traballador/a aos 63/64 anos.

En definitiva, estamos ante un Convenio Colectivo que recolle as propostas que AEB presentara na Mesa Negociadora en xuño de 2011 e que a CIG e demais sindicatos (incluídos os agora asinantes) rexeitaramos.
Este Convenio [.pdf • 1'8 Mb] asenta as vías para unha dura reconversión do sector financeiro en base á , que recorta salarios e dereitos, e abre a porta á desregulación máis absoluta das condicións laborais.



➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Convenio Galego Xa!
Comunicado 120314 [.pdf • 22 Kb]



Ningún comentario: