O 2 de marzo, a CIG, xunto con CGT, CUT e CNT, rexistramos na Consellería de Traballo convocatoria de FOLGA XERAL [.pdf • 2'1 Mb] para o 29 de marzo. O obxectivo da folga, é mostrar o rexeitamento á aprobación por parte do Goberno español do Real Decreto Lei 3/2012, de 10 de febreiro, de Medidas urxentes para a Reforma do mercado laboral.
O vindeiro 29M haberá FOLGA XERAL en Galiza, Euskadi, Navarra e tamén en Canarias, ante a maior agresión aos traballadores e traballadoras dende o franquismo.
Así mesmo, o 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, temos convocadas manifestacións nas cidades galegas preparatorias da FOLGA XERAL. É o momento de saír á rúa a demandar a retirada da Reforma Laboral e da Negociación Colectiva.
Dende a aprobación da Reforma, cada día increméntase o número de empresarios que están utilizando as facilidades para despedir e recortar dereitos, polo que a resposta debemos dala de xeito inmediato.

Manifestacións 10 de marzo contra a Reforma Laboral
Lugares e horarios (CET)
Lugares e horarios (CET)
- A Coruña 12:00 h. praza de Vigo.
- Compostela 12:30 h. praza Roxa.
- Ferrol 12:00 h. avenida de Esteiro (locais da CIG)
- Lugo 12:00 h. ronda da Muralla 58 (locais da CIG)
- Ourense 12:00 h. Pavillón dos Remedios.
- Pontevedra 19:00 h. praza da Ferrería.
- Vigo 20:00 h. rúa Vía Norte.
- Vilagarcía 20:00 h. na Casa do Mar.
MANIFESTACIÓN o 10 de MARZO e FOLGA XERAL O 29 DE MARZO.
Participa e defende os teus dereitos!

➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario