13 de febreiro de 2019

Eleccións Sindicais BBVA 2019: Aumenta a representatividade da CIG para darlle máis forza a túa voz

GRAZAS ! Pola confianza recibida

O sindicalismo próximo a ti, comprometido contigo, combativo a favor teu, forte e útil para todas e todos e sensíbel á problemática laboral e persoal que afrontamos cada día no traballo bancario, gaña máis forza coa confianza e respaldo recibido neste proceso electoral para situarse con vantaxe á cabeza da representatividade galega na entidade. Unha ferramenta sindical insubornábel ás presións e totalmente independente de pactos limitadores, para asegurar unha acción sindical eficiente na defensa dos dereitos e condicións laborais das persoas que traballamos no BBVA. Grazas a todas e todos.


Evolución representatividade Eleccións Sindicais BBVA 2015–2019

Resultados Eleccións Sindicais 2015-2019
Resultados Eleccións Sindicais BBVA 2015–2019

…e van escoitarnos en Bilbao, na Xunta de Accionistas.
O sindicalismo sen ataduras da CIG estará, de novo, na en para ser a túa voz e poñer en evidencia, diante das persoas asistentes e perante a opinión pública e de medios de comunicación, as políticas laborais que vimos soportando no BBVA. É unha ocasión que non podemos deixar de aproveitar a favor de todas e todos.

Delega o teu voto na CIG. Envía a túa delegación de voto asinada a favor de á oficina 2200 (Cantón) ou entrégalla a calquera das nosas delegadas e delegados das distintas provincias.

Con máis CIG ti es máis forte!




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 190220 [.pdf • 260 kB]


Ningún comentario: