
A retribución variable, dependente da avaliación, non recompensa o esforzo extraordinario que se faiLuis / Ourense
O proceso de avaliación, é transparente e obxectivo?
Non, rotundamente. A catalogación, a fixación de obxectivos e a avaliación son perigosos instrumentos ao servizo do banco para forzar ao límite o nivel de dedicación do persoal con abusivos horarios, fóra do establecido legalmente. A retribución variable, dependente dunha subxectiva avaliación, non recompensa o esforzo extraordinario que se fai. Por máis que BBVA pretenda vender a racionalidade do método, é evidente a súa falla de transparencia e arbitrariedade. Esta vai camuflada baixo manipulables obxectivos de cliente, tácticos e outros do estilo de dixitalización ou cultura corporativa que deixan á comenencia da Dirección o resultado final que na práctica adaptarase ao que xa se teña decidido. De nada valerá a entrevista posterior. Aquí non hai rigor, coherencia nin xustiza.
Pode regularse por acordo social?
CIG demanda que así se faga. Mellor aínda dentro do Convenio sectorial para que o proceso goce de forza legal. Os incentivos baseados nun acordo laboral favorecen a imaxe de transparencia e responsabilidade da empresa e motivan máis eficazmente no traballo cotiá do cadro de persoal.
A parte contratante do Plan de Pensións
No Plan de Pensións de Emprego BBVA, á medalla que algún sindicato se coloca a si mesmo pésalle a lousa de ser descarada arte e parte da xestión,
GPP (60% BBVA, 40% CC.OO—UGT), con millonario dividendo. É obvio que aquí existe incompatibilidade ética e moral ao formar a Comisión de Control que debe velar polo interese colectivo. Un inxustificable caso no que a parte contratante da primeira parte é igual á parte contratante da segunda.

➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario