Amosando publicacións coa etiqueta catalogación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta catalogación. Amosar todas as publicacións

27 de xaneiro de 2015

Unha voz sindical próxima: Luis

Luis / Ourense
A retribución variable, dependente da avaliación, non recompensa o esforzo extraordinario que se fai

Luis / Ourense

O proceso de avaliación, é transparente e obxectivo?

Non, rotundamente. A catalogación, a fixación de obxectivos e a avaliación son perigosos instrumentos ao servizo do banco para forzar ao límite o nivel de dedicación do persoal con abusivos horarios, fóra do establecido legalmente. A retribución variable, dependente dunha subxectiva avaliación, non recompensa o esforzo extraordinario que se fai. Por máis que BBVA pretenda vender a racionalidade do método, é evidente a súa falla de transparencia e arbitrariedade. Esta vai camuflada baixo manipulables obxectivos de cliente, tácticos e outros do estilo de dixitalización ou cultura corporativa que deixan á comenencia da Dirección o resultado final que na práctica adaptarase ao que xa se teña decidido. De nada valerá a entrevista posterior. Aquí non hai rigor, coherencia nin xustiza.

Pode regularse por acordo social?

CIG demanda que así se faga. Mellor aínda dentro do Convenio sectorial para que o proceso goce de forza legal. Os incentivos baseados nun acordo laboral favorecen a imaxe de transparencia e responsabilidade da empresa e motivan máis eficazmente no traballo cotiá do cadro de persoal.

1 de decembro de 2014

Sen Conciencia

Os recentes despedimentos dun xestor en Compostela e dun caixeiro en Ourense, veñen referendar o fracaso absoluto dos seus superiores á hora de asumir o seu «liderado de equipos» e de RR.HH á hora de administrar ferramentas de sanción.

Volvemos agora vivir (que non é novo) os tempos da auditoría teledirixida, co propósito concreto de ir «pillar» a alguén. Pero, non nos levemos a engano, os auténticos RESPONSABLES son quen as encargan, sabedores do que poida vir despois… e sempre coa complicidade necesaria de zonas e RR.HH. Debe ser un enorme peso nas costas, un gran burato no estómago, saber que grazas a ti unha persoa pode estar na rúa sen remedio. E está pasando…


14 de novembro de 2014

Catalogacións

O 21 de novembro remata un proceso fundamental para todo o cadro de persoal polas súas consecuencias, tanto salariais como (e máis importante) laborais, porque pasará a formar parte do expediente laboral de todos e todas nós.

  • Trátase «dunha valoración global que o/a responsable realiza dos seus/súas colaboradores/as na súa función actual e unha ferramenta de apoio na xestión de cadros de persoal».
  • É UNHA VALORACIÓN SUBXECTIVA, xa que a obxectividade do/a responsable directo pode ser controlada polo seu xefe/a, quen pode acceder ás catalogacións realizadas e, unha vez finalizado o proceso, PÓDESE MODIFICAR.
  • Pode ser usada como diferenciación do mérito pero tamén como presión ou represalia, xa que non se libera ata que se libera a avaliación, e non ten ningún criterio obxectivo no que basearse.
  • Este proceso inflúe na nosa revisión salarial.
  • Consiste en que o/a noso/a responsable poña unha marca nunha categoría de seis, que van de INADECUADO a MOI DESTACADO, que pasa a formar parte do noso expediente persoal.
  • A catalogación INADECUADO ou REGULAR supón que estás «desaxustado/a» na túa función polo que:

30 de xaneiro de 2014

De quita e pon

A dirección do banco vai publicar os resultados do grupo BBVA correspondentes a 2013 en breve. Cando teñamos esa información, cadaquén que saque as conclusións que lle pareza. Dende esta Sección Sindical, queremos trasladarte as nosas impresións da realidade que nós apreciamos neste xaneiro que está a ser tan revolto.

Este sindicato reiteradamente defende e defenderá a necesidade dun forte e xusto como a única ferramenta válida para garantir unhas retribucións dignas e, sobre todo, alleas á voluntariedade e á subxectividade. Estamos a falar de dereitos, non de dádivas.

Na nómina de xaneiro, vimos a suba acordada no último convenio de banca [.pdf • 1'8 Mb]. No noso anterior comunicado quedou patente a nosa postura. Na de febreiro, como se de «a cara e a cruz» se tratase, froito dunhas perdas millonarias en España e Portugal, se escamotea o pago das retribucións variables que se nos vende como parte do noso salario a unha morea de compañeiros e compañeiras, a quen se lles veta a concesión dos puntos discrecionais suficientes co que poderían cobrar (aínda con quita) a parte que sexa do bono anual en febreiro. E agora, como argumento, se nos di que é algo graciable, que o banco o dá se quere… Se botamos a vista atrás, non é iso o que se nos dicía á hora de poñer en valor este sistema de incentivos…

29 de xaneiro de 2013

Avaliacións
Ao mal tempo, Que cara poñemos?

Comezamos 2013 e xa están aquí de novo os procesos de Catalogación e máis de Avaliación. Como en anos precedentes, queremos insistir en varias ideas que non por repetidas son menos importantes, de cara a ter claro como actuar dende o inicio do proceso.

Unha catalogación de REGULAR ou MALO, exclúevos de cobrar «sobre», de habelo.

En 2012, seguimos con constantes aumentos de obxectivos, a maioría das veces non entendibles, e coa imposibilidade de conseguilos, tanto pola súa dimensión como pola escaseza de persoal, con baixas de longo recorrido que non se cobren,… etc.
Se o ano pasado o persoal estaba preocupado, e con razón, de que o BBVA, para aforrar cartos na paga do AVE de febreiro, fixese unhas avaliacións á baixa… Este ano, seguimos na mesma e, coa dúbida razoable de saber se hai sobre que repartir…

O sistema, como estamos fartos de reivindicar, é perverso: Se a empresa quere remunerar a maiores certas consecucións de obxectivos, NON PODE FACELO VINCULÁNDOO AO NOSO EXPEDIENTE PROFESIONAL. As Avaliacións deberan medir o noso traballo e máis nada, sobre todo nun ano tan duro como foi 2012.

Isto por non falar da cara que nos queda a calquera de nós cando, despois de traballar aínda máis horas, aínda máis duro, aínda con menos e peores medios que en anos pasados, recibe unha mala avaliación baseada nos malos resultados da oficina, e non no esforzo realizado ou na calidade do traballo (cartos aparte, claro). Non é asumible e ten que ter unha resposta.

Temos que ir tomando conciencia de que A AVALIACIÓN É O NOSO EXPEDIENTE LABORAL e, no entorno actual, nestes tempos escuros que nos toca vivir no noso sector, pode ter unha relevancia maior e de moita máis gravidade da que tiña até agora.

Velaí as nosas recomendacións para conter, na medida do posible, os posibles efectos nocivos dunha avaliación «en crise»:

27 de xaneiro de 2012

Avaliacións en tempo de rebaixas

Co proceso de Catalogación rematado e o de Avaliación comezando, queremos salientar certos aspectos que, se ben non son novidade, cos tempos que corren, parece que van ter unha maior incidencia sobre un maior número de traballadores e traballadoras, así como aconsellarvos como actuar dende o inicio do proceso.
Lembrade que aínda que teñades unha boa avaliación, unha catalogación de REGULAR ou MALO, exclúevos de cobrar «sobre».

En 2011, con constantes aumentos de obxectivos e a imposibilidade de conseguilos (tanto pola crise como pola falla de produtos atractivos para a xa escasa clientela, a escaseza de persoal, etc.), cada vez é máis o persoal preocupado, e con razón, de que o BBVA, para aforrar cartos na paga do AVE de febreiro, faga unhas avaliacións miserentas.

22 de novembro de 2011

Festas de Outono...

Pasado de longo o verán seica hai moitos cambios, Para que todo siga igual?

O Proxecto CORE: O proceso pasou de ir a modiño e con retraso, a ter datas máximo a tres meses vista. Que roda do camión andarán a cambiar para que teñamos de súpeto tanta presa? Coas presas, ao persoal afectado polos cambios, se lle está a sinalar o seu novo posto sen máis e no último momento na maioría dos casos.


21 de agosto de 2011

Sen rodas

É unha pregunta recorrente: E non lle dicides aos xefes que aquí non funciona nada?.

É unha resposta recorrente: Dicimos tal, dicimos.

Tanto é así que xa o fixemos daquela na Xunta de Accionistas, e o mesmo Presidente contestounos que andaban a cambiar en marcha as rodas do camión.

Pois debe ser verdade, e dende aquelas andamos a medias e, claro, andando con rodas de menos o camión vai como vai: a tombos.

2 de febreiro de 2011

Catalogando, avaliando, aforrando... e o que a crise vai deixando

As catalogacións xa están feitas. Claro que poucos e poucas teñen o privilexio de que os/as seus/súas responsables respecten a norma e lles expliquen cal vai ser e os motivos da mesma. O resto, saberédelo cando as liberen, xunto coa revisión salarial.

Lembrade que unha catalogación de REGULAR ou MALO, exclúevos de cobrar «sobre» con independencia do resultado da vosa avaliación.

4 de decembro de 2007

Catalogacións

Está aberto o proceso de catalogacións. Xa vos temos falado del, e feito resumo do manual que aparece no  e-spacio,  así que só abondaremos nas ideas principais.

  • Trátase «dunha valoración global que o/a responsable realiza dos seus/súas colaboradores/as na súa función actual e cuxos resultados son utilizados para a aplicación de determinadas políticas de Recursos Humanos».
  • É UNHA VALORACIÓN SUBXECTIVA, xa que a obxectividade do/a responsable directo pode ser controlada polo seu xefe/a, quen pode acceder ás catalogacións realizadas e, unha vez finalizado o proceso, PÓDESE MODIFICAR.