2 de febreiro de 2011

Catalogando, avaliando, aforrando... e o que a crise vai deixando

As catalogacións xa están feitas. Claro que poucos e poucas teñen o privilexio de que os/as seus/súas responsables respecten a norma e lles expliquen cal vai ser e os motivos da mesma. O resto, saberédelo cando as liberen, xunto coa revisión salarial.

Lembrade que unha catalogación de REGULAR ou MALO, exclúevos de cobrar «sobre» con independencia do resultado da vosa avaliación.


Trátase dun xuízo totalmente subxectivo, no que se gradúa a vosa «actitude» segundo o/a responsable que vos toque. Algo parecido debeu pasarlles ás persoas que non conseguiron o contrato fixo polo Nadal, xa que nin nós, nin en moitas oficinas, entenden os criterios «obxectivos» cos que se deixou escapar a traballadores e traballadoras moi válidos, e que amosaron unha gran capacidade de aguante e sacrificio durante o 2010.

En vista de que o BBVA comeza 2011 cun gran espírito aforrador cara á clientela e ao cadro de persoal, todo o mundo anda preocupado coa repercusión que a crise poida ter nas avaliacións e, como consecuencia, no «sobre» de febreiro. E é que de feito, xa se fala de persoal de Xestión Operativa ao que se lle anticipou que non contara con remuneracións extraordinarias, así que:
  • Esixide que vos fagan a entrevista. É o voso dereito e a obriga dos/das responsables. Contactade con nós se non é así, e reclamade. Tende en conta que dende RR.HH insisten en que as entrevistas se fan porque non reciben queixas de que non sexa así!
  • Non aceptedes que os/as responsables vos fagan unha avaliación mala «porque os presionan». Se a asinan, é a súa responsabilidade, pero a mala valoración queda no voso expediente e se hai consecuencias, serán para vós.
  • Lembrade que o maior perigo dunha mingua nas vosas avaliacións, é que son o voso EXPEDIENTE LABORAL. Se credes que sodes inxustamente avaliados/as, contactade con nós e reclamádeo, sempre por escrito, ante a empresa.
Para rematar, e falando de aforro, algúns datos curiosos:
  • Este ano BBVA non fai almanaques para a clientela.
  • Preparando o aforro en 2012, os obxectivos de 2011 son, ao parecer, inalcanzables.
  • O pasado ano na , aprobouse un programa de retribución variable para o equipo directivo no que se repartirán accións, pero non se di a canto ascenderá o gasto. Haberá que ver se a crise tamén chega ás alturas.
  • As oficinas, que aínda non fixeron o cadro de vacacións, teñen que anticipar as súas necesidades de contratacións temporais para todo o ano. Como é normal salvo que teñas poderes, as necesidades xurdirán, pero Vanse atender?
  • A xestión de persoal para certos niveis, pasa a ser «remota», é dicir, telefónica.
  • Hai cartos para encher estadios e patrocinar a Liga, pero os anuncios fannos de balde o persoal de dirección, que cedeu os seus dereitos de imaxe para sempre e sen contrapartida.
BBVA prepárase para a crise, e polo de agora ao persoal tócalle apandar coas vacas fracas...
non facía tanto reparto a empresa cando as vacas eran gordas, tomade nota.



➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 110202 [.pdf • 95 Kb]


Ningún comentario: