14 de novembro de 2014

Catalogacións

O 21 de novembro remata un proceso fundamental para todo o cadro de persoal polas súas consecuencias, tanto salariais como (e máis importante) laborais, porque pasará a formar parte do expediente laboral de todos e todas nós.

  • Trátase «dunha valoración global que o/a responsable realiza dos seus/súas colaboradores/as na súa función actual e unha ferramenta de apoio na xestión de cadros de persoal».
  • É UNHA VALORACIÓN SUBXECTIVA, xa que a obxectividade do/a responsable directo pode ser controlada polo seu xefe/a, quen pode acceder ás catalogacións realizadas e, unha vez finalizado o proceso, PÓDESE MODIFICAR.
  • Pode ser usada como diferenciación do mérito pero tamén como presión ou represalia, xa que non se libera ata que se libera a avaliación, e non ten ningún criterio obxectivo no que basearse.
  • Este proceso inflúe na nosa revisión salarial.
  • Consiste en que o/a noso/a responsable poña unha marca nunha categoría de seis, que van de INADECUADO a MOI DESTACADO, que pasa a formar parte do noso expediente persoal.
  • A catalogación INADECUADO ou REGULAR supón que estás «desaxustado/a» na túa función polo que:
    • Non se percibe retribución variable.
    • Faise un seguimento especial dos desaxustados/as.
  • Se estades en desacordo no momento da súa liberación, facédeo saber.

SE TEDES CALQUERA DÚBIDA, CONTACTADE COS VOSOS OU VOSAS REPRESENTANTES SINDICAIS.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 141112 [.pdf • 32 kB]


Ningún comentario: