30 de xaneiro de 2014

De quita e pon

A dirección do banco vai publicar os resultados do grupo BBVA correspondentes a 2013 en breve. Cando teñamos esa información, cadaquén que saque as conclusións que lle pareza. Dende esta Sección Sindical, queremos trasladarte as nosas impresións da realidade que nós apreciamos neste xaneiro que está a ser tan revolto.

Este sindicato reiteradamente defende e defenderá a necesidade dun forte e xusto como a única ferramenta válida para garantir unhas retribucións dignas e, sobre todo, alleas á voluntariedade e á subxectividade. Estamos a falar de dereitos, non de dádivas.

Na nómina de xaneiro, vimos a suba acordada no último convenio de banca [.pdf • 1'8 Mb]. No noso anterior comunicado quedou patente a nosa postura. Na de febreiro, como se de «a cara e a cruz» se tratase, froito dunhas perdas millonarias en España e Portugal, se escamotea o pago das retribucións variables que se nos vende como parte do noso salario a unha morea de compañeiros e compañeiras, a quen se lles veta a concesión dos puntos discrecionais suficientes co que poderían cobrar (aínda con quita) a parte que sexa do bono anual en febreiro. E agora, como argumento, se nos di que é algo graciable, que o banco o dá se quere… Se botamos a vista atrás, non é iso o que se nos dicía á hora de poñer en valor este sistema de incentivos…
Dísenos tamén que a translación desta quita vai ser proporcional e equitativa, inda que non ten moito xeito que, como somos a Territorial na que máis xente cobra, teñamos máis quita porque somos máis a repartir a bolsa en cuestión. Hai que ser positivos que a lo menos se cobra algo, é o que din nas alturas dos despachos…

É lamentable que ao longo de 2013, os obxectivos foron medrando sen ton nin son. Mudaron as regras do xogo á metade da partida. Vaia, que a banca xoga con cartas trucadas e, a pesar de todo iso, moitos compañeiros e compañeiras cumpriron co que se lles esixiu e aquí está o pago. Que nos van a dicir a partires de agora?

Na CIG, ano tras ano facemos as mesmas recomendacións sobre as nosas e :

  • Esixide que vos fagan a entrevista. É o voso dereito e a obriga dos/das responsables. Contactade con nós se non é así, e reclamade. Tende en conta que dende RR.HH insisten en que as entrevistas están a facerse, argumentando que non teñen queixas de que non sexa así.
  • Non aceptedes que os/as responsables vos fagan unha avaliación mala «porque os presionan». Se a asinan, é a súa responsabilidade, pero a mala valoración queda no voso expediente e se hai consecuencias, serán para vós.
  • Lembrade que o maior perigo dunha mingua nas vosas avaliacións, é que son o voso EXPEDIENTE LABORAL. Se credes que vos fan unha avaliación inxusta, contactade con nós e reclamádeo, sempre por escrito, ante a empresa.

O noso expediente laboral é a nosa carta de presentación, á nosa defensa, o noso argumento á hora dunha posible sanción ou no momento de escoller quen se queda e quen se vai…

Queremos engadir o seguinte extracto da normativa de retribucións en BBVA publicada de cara a anterior . Dende aquí, recomendamos a súa lectura a pesar da extensión do informe (43 páxinas). Soamente unha pregunta, cando vexamos os resultados do grupo, Veremos dúas maneiras de medir os resultados?

Sinceramente, oxalá que ese colectivo de persoal directivo, esas 2.200 persoas, estean á altura da totalidade do cadro de persoal. Porque ninguén, nos malos momentos, vai poñer os seus intereses individuais por riba dos do grupo na súa totalidade. Se non se pode cobrar, non se pode, e a seguir remando para que este barco chegue a bo porto. Ese é o noso sentir e, nos consta, o dos compañeiros e compañeiras que contan como carta de presentación a súa profesionalidade.

Se alguén quere ver o documento completo[.pdf • 188 kB] o banco colgou o documento na web do accionista para a última Xunta. Tamén podemos achegar unha copia a quen nola solicite. Aí tendes a nosa colleita persoal:

«Si en un ejercicio el Grupo BBVA obtuviese resultados financieros negativos (presentase pérdidas), sin considerar los resultados singulares, los beneficiarios no recibirán ni la Retribución Variable Anual que corresponda al ejercicio al que se refieran las pérdidas ni las cantidades diferidas que correspondiese abonarles en el ejercicio en el que se aprueben las cuentas anuales que reflejen dichos resultados negativos. En todo caso, la retribución variable se pagará únicamente si resulta sostenible de acuerdo con la situación del Grupo BBVA en su conjunto y si se justifica en función de los resultados de la entidad».
Retribución Fija del ejercicio 2013
El Consejo de Administración, a propuesta de la Comisión de Retribuciones, acordó no incrementar para 2013 la retribución fija de los consejeros ejecutivos establecida en el ejercicio 2011, de manera que ésta ascenderá a 1.966.260 euros en el caso del Presidente y 1.748.000 euros en el caso del Consejero Delegado.
«…durante el primer trimestre de 2013 los consejeros ejecutivos percibirán el 50% de la liquidación de la Retribución Variable Anual correspondiente a 2012, esto es 785.028 euros y 108.489 acciones en el caso del Presidente, y 478.283 euros y 66.098 acciones en el caso del Consejero Delegado; acciones que en ambos casos serán indisponibles durante el plazo de 1 año desde la fecha de su entrega en los términos expuestos en el presente informe
«El restante 50% de la Retribución Variable Anual correspondiente al ejercicio 2012 quedará diferido durante un periodo de tres años, de manera que corresponderá percibir durante el primer trimestre de cada uno de los ejercicios 2014, 2015 y 2016 la cantidad de 261.676 euros y 36.163 acciones de BBVA en el caso del Presidente, y 159.428 euros y 22.032 acciones de BBVA en el caso del Consejero Delegado
«La retribución variable estará limitada a como máximo un 200% de la retribución fija ordinaria».

O día 31 quedará moi claro quen somos as e os que poñemos a cara e a carteira polo BBVA. O cadro de persoal deste gran banco merece un exercicio de responsabilidade e de transparencia. Make it happen!!!




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 140129 [.pdf • 108 kB]


1 comentario:

Anónimo dixo...

Yo he desistido. Por mucho que lucheis, siempre haran lo que eloos quieren. Un saludo de una que lleva 44 casi 45 años en la empresa.