Amosando publicacións coa etiqueta DOR. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DOR. Amosar todas as publicacións

17 de febreiro de 2016

O cinismo ilustrado

No proceso de abono da nómina deste mes, imos ver de novo materializada a inxustiza dun sistema de retribución variable que está feito a medida para asegurar que algunhas persoas cobren, e moito, e outras o teñan moi, moi difícil. «Casualmente» cada vez menos persoas cobran, canto máis abaixo nos situamos na pirámide das categorías profesionais. Sorprende moito ver cantos DOR individuais non chegan aos mínimos cando o DOR da oficina e cara arriba, chegan claramente.


30 de xaneiro de 2014

De quita e pon

A dirección do banco vai publicar os resultados do grupo BBVA correspondentes a 2013 en breve. Cando teñamos esa información, cadaquén que saque as conclusións que lle pareza. Dende esta Sección Sindical, queremos trasladarte as nosas impresións da realidade que nós apreciamos neste xaneiro que está a ser tan revolto.

Este sindicato reiteradamente defende e defenderá a necesidade dun forte e xusto como a única ferramenta válida para garantir unhas retribucións dignas e, sobre todo, alleas á voluntariedade e á subxectividade. Estamos a falar de dereitos, non de dádivas.

Na nómina de xaneiro, vimos a suba acordada no último convenio de banca [.pdf • 1'8 Mb]. No noso anterior comunicado quedou patente a nosa postura. Na de febreiro, como se de «a cara e a cruz» se tratase, froito dunhas perdas millonarias en España e Portugal, se escamotea o pago das retribucións variables que se nos vende como parte do noso salario a unha morea de compañeiros e compañeiras, a quen se lles veta a concesión dos puntos discrecionais suficientes co que poderían cobrar (aínda con quita) a parte que sexa do bono anual en febreiro. E agora, como argumento, se nos di que é algo graciable, que o banco o dá se quere… Se botamos a vista atrás, non é iso o que se nos dicía á hora de poñer en valor este sistema de incentivos…

12 de xullo de 2013

O silencio dos cordeiros

Ano tras ano, vemos que o código de conduta nesta empresa segue polo mesmo camiño:

O Silencio dos Cordeiros

OIR, VER (POUCO) E CALAR (MOITO).

Os niveis de esixencia están acadando límites estratosféricos. Os cadros de persoal non están no seu mínimo nivel, senón por debaixo dos mínimos necesarios para atender coa calidade máxima que se nos require. E chega o período estival e as vacacións, que xa se converten nun problema engadido (nin falar de coller un catarro, claro)… Porque son obrigatorias que se non, a máis de un lle gustaría que renunciásemos a elas. Por non falar de que xa case non se poden coller cando a un/unha lle gustaría porque, claro, en agosto pechamos a oficina e mellor se as podes coller en tal data…

8 de febreiro de 2013

ANIDA… ou como cadrar contas en tempos de crise

Que facer cando unha parte do teu negocio dá perdas e, necesariamente, debes dar a imaxe de que «aquí non pasa nada»?

Solución BBVA: Pois o sacamos do balance

Iso debeu pensar o que ideou ANIDA, porque doutro xeito… é que non se entende.

Anida
E, que pasa cos 500 traballadores e traballadoras que pasaron a formar parte do cadro de persoal de ANIDA, pero que seguen a traballar nas dependencias do Banco? Alguén o sabe? Pois parece que non.

Se sabe, de certo, que durante uns anos estarán en Anida e despois, teñen o compromiso do Banco dun retorno.

Certamente, se sabe que, namentres estean en Anida, estarán baixo o convenio da construción de Madrid.