No proceso de abono da nómina deste mes, imos ver de novo materializada a inxustiza dun sistema de retribución variable que está feito a medida para asegurar que algunhas persoas cobren, e moito, e outras o teñan moi, moi difícil. «Casualmente» cada vez menos persoas cobran, canto máis abaixo nos situamos na pirámide das categorías profesionais. Sorprende moito ver cantos DOR individuais non chegan aos mínimos cando o DOR da oficina e cara arriba, chegan claramente.
Non é casualidade que a propia organización estea apartando do pastel da RV a un colectivo cada vez máis grande, senón que tamén é indesexable, porque ao mesmo tempo bótalle as culpas a ese propio colectivo por non chegar e non estar á altura. E menospreza aos compañeiros e compañeiras que poñen por riba as necesidades e as carencias da propia unidade (provocadas moitas veces polo día a día e pola mesquindade recalcitrante da organización da empresa á hora de proporcionar medios humanos suficientes para facer un traballo da mínima calidade esixida) fronte os propios intereses individuais á hora de facer caixa.
Temos exemplos de compañeiros e compañeiras que entraron a formar parte do POOL de BAIXO DESEMPEÑO despois de pasar meses en caixa para cubrir baixas ou vacacións sendo xestores/as, e que ao ano seguinte se lles chama a atención por non chegar aos obxectivos, se lles baixa a catalogación (porque se non chegas é que es mal profesional) e se lles impoñen accións punitivas para reconducir a situación.
Isto si que é un exemplo de cinismo.
E, por último, para ter a maior información posíbel, cómpre non esquecer o acordo sobre «garantías» da función sindical asinado no mes de decembro, e con aplicación xa para ese exercicio, entre a empresa e os sindicatos estatais (CC.OO, UGT, CGT e ACB), reedición case idéntica ao do ano 2011 (que a CIG xa non asinara) e que, entre outros aspectos, continuará asegurando aos seus liberados e liberadas seguir cobrando «sobre» só polo feito de estar nesa situación, cando menos durante 4 anos máis. É absolutamente inxusto e por iso a CIG volveu a non asinar.
Para cando desmontaremos este sistema perverso, comprador de vontades, que no lado do cadro de persoal favorece a separación dos intereses dunha minoría de privilexio no banco en contraposición cos da clientela e dos nosos propios, e no lado da representación sindical, favorece relacións clientelares coa empresa e desincentiva a necesaria independencia que queremos, que esiximos, dos representantes do cadro de persoal?
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario