É unha resposta recorrente: Dicimos tal, dicimos.
Tanto é así que xa o fixemos daquela na Xunta de Accionistas, e o mesmo Presidente contestounos que andaban a cambiar en marcha as rodas do camión.
Pois debe ser verdade, e dende aquelas andamos a medias e, claro, andando con rodas de menos o camión vai como vai: a tombos.
Hai aínda menos que llo dixemos ao xefe de RR.HH da nosa Territorial. Como todos e todas sabemos, as queixas polo mal funcionamento do sistema son xa un clamor incluso entre mandos de certa categoría, que entenden que sen medios non se pode esixir producción, e anda a empresa tan falla de razóns que manda cartas apelando ao sentir corporativo do persoal, manda napos!, pero velaí o que nos contestou:
- Que claramente se estaba a facer un grande esforzo.
- Que é natural que poidan xurdir problemas, pero que non cabe dúbida de que con todo isto se vai mellorar.
Bueno, pois nada, xa que é cuestión de fe, recomendámosvos que cando vos pidan resultados ou vos dean unha avaliación baixa, reclamedes que estabades a facer un grande esforzo (o que cos medios que nos dan é verdade de seguro) e que non hai dúbida de que co tempo será para mellor. Semellantes argumentos non poden ser desperdiciados.
Nestes meses de verano por se non chega coa importante redución orzamentaria, que fai que moitas oficinas estean máis escasas de persoal que nunca, aínda hai outro tema incrible e que trae de cabeza ás oficinas: A contratación de persoal temporal sen experiencia en datas clave. Non sabemos quen o pasa peor, se a persoa que tras un curso «on line» de un día se incorpora a unha oficina en momentos de máxima audiencia, ou os traballadores e traballadoras que non dan atendido o seu traballo nin a formación acelerada que lle teñen que dar aos novos e novas, porque a estructura de BBVA non o fai. Sobre este tema temos falado tamén coa empresa e proposto solucións factibles, pero claro, requiren planificación e traballo constante dalgúns departamentos, e ese apartados deberon quedar na roda que andamos a cambiar.
En fin, que nin sequera temos un horizonte temporal que poida tranquilizarnos porque se apunte a un final nestas vergoñentas condicións de traballo.
Nós seguiremos a preguntar, e a esperar por unha resposta seria e responsable. Entrementres, o dixemos en marzo e o voltamos a dicir: Deixen de facer equilibrios a costa de persoal e clientela, paren o carro e pensen un pouquiño o que están a facer, e rematen co cambio de rodas dunha vez, que mira que van meses.
Esperamos que teñades bo verán, e non deixedes de contarnos o que vai pasando.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario