Amosando publicacións coa etiqueta plataforma-tecnolóxica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta plataforma-tecnolóxica. Amosar todas as publicacións

22 de novembro de 2011

Festas de Outono...

Pasado de longo o verán seica hai moitos cambios, Para que todo siga igual?

O Proxecto CORE: O proceso pasou de ir a modiño e con retraso, a ter datas máximo a tres meses vista. Que roda do camión andarán a cambiar para que teñamos de súpeto tanta presa? Coas presas, ao persoal afectado polos cambios, se lle está a sinalar o seu novo posto sen máis e no último momento na maioría dos casos.


21 de agosto de 2011

Sen rodas

É unha pregunta recorrente: E non lle dicides aos xefes que aquí non funciona nada?.

É unha resposta recorrente: Dicimos tal, dicimos.

Tanto é así que xa o fixemos daquela na Xunta de Accionistas, e o mesmo Presidente contestounos que andaban a cambiar en marcha as rodas do camión.

Pois debe ser verdade, e dende aquelas andamos a medias e, claro, andando con rodas de menos o camión vai como vai: a tombos.

24 de marzo de 2011

O símil do camión

Dixo o noso presidente, Francisco González, o día da Xunta Xeral de Accionistas, que o BBVA é como un camión enorme, como un tráiler que non para mentres vai adaptándose aos cambios aos que o somete as decisións do equipo directivo.
O símil do camión viña a ilustrar o magnífico traballo de implantación, sempre segundo o gran xefe, da tamén magnífica nova plataforma informática.

O certo é que aos traballadores e traballadoras do BBVA non nos poden vender ese conto nin en  3D : van instalando aplicacións, fan as probas e nada funciona.
De feito, o que en principio ía comezar a funcionar, primeiro a principios e logo a mediados de marzo, xa non se fará polo menos ata abril, e menos mal, porque a primeira idea era facer a implantación antes de que o persoal asistira ao curso de formación.

Iso si, a información, como vedes, é de primeira.