Está aberto o proceso de catalogacións. Xa vos temos falado del, e feito resumo do manual que aparece no e-spacio, así que só abondaremos nas ideas principais.
- Trátase «dunha valoración global que o/a responsable realiza dos seus/súas colaboradores/as na súa función actual e cuxos resultados son utilizados para a aplicación de determinadas políticas de Recursos Humanos».
- É UNHA VALORACIÓN SUBXECTIVA, xa que a obxectividade do/a responsable directo pode ser controlada polo seu xefe/a, quen pode acceder ás catalogacións realizadas e, unha vez finalizado o proceso, PÓDESE MODIFICAR.
- Pode ser usada como presión ou represalia, xa que non se libera ata que se libera a avaliación, e non ten ningún criterio obxectivo no que basearse.
- Este proceso, inflúe na nosa revisión salarial.
- Consiste en que o/a noso responsable poña unha marca nunha categoría de seis que van de MALO a MOI DESTACADO, que pasa a formar parte do noso expediente persoal.
- A catalogación MALA ou REGULAR supón que estás «desaxustado/a» na túa función polo que:
- Non se percibe retribución variable.
- Faise un seguimento especial dos desaxustados/as.
Se estades en desacordo facédeo saber.
SE TEDES CALQUERA DÚBIDA, CONTACTADE COS VOSOS E VOSAS REPRESENTANTES SINDICAIS.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario