20 de decembro de 2007

Guerra dos horarios no sector financeiro

O recentemente asinado colectivo das Caixas de Aforros (ratificado por CC.OO e CSICA) amplía os supostos nos que as oficinas poderán abrir todos os días polo serán, unha negociación que deberá abordarse a nivel de empresa.

Manifestación da CIG-Aforro en defensa da xornada laboral
Manifestación da CIG–Aforro en defensa da xornada laboral


Este foi un dos motivos polos que a CIG non asinou o Convenio, xa que diciamos que podía dar lugar a unha guerra comercial de horarios nas que os traballadores e traballadoras do sector financeiro sempre teriamos as de perder.
Non tivemos que agardar moito para que o tempo nos dera a razón; este fin de semana coñecemos a través dos medios de comunicación que CC.OO está negociando no a apertura do 10 % das oficinas polo serán con horario de 8:30 da mañá a 8:30 da noite, de luns a sábado.

O e CC.OO están a rachar os horarios no sector financeiro, abrindo unha guerra comercial que levará a desregularización total dos horarios no sector. Insisten en manter centralizada a negociación dos Convenios como elemento de cohesión «laboral», pero a actual guerra comercial de horarios desdí o seu plantexamento sindical.

A esta guerra de horarios comerciais sumáronse tamén un grupo de 30 Caixas Rurais que puxeron en marcha o proxecto , oficinas multiservizos que abrirán todas as tardes, inicialmente en .

Dende a Confederación Intersindical Galega queremos deixar claro a nosa defensa do horario de 8 ás 15 h. de luns a venres, coa libranza dos sábados na Banca e do serán dos xoves nas Caixas.

Non a apertura polo serán
Defendamos o noso horario




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]






Ningún comentario: