20 de decembro de 2007

Pola libranza dos sábados, contra a xornada de tarde

35 horas si! Nin tardes nin sábados!

Xa é o tema máis debatido en oficinas, facendo esquecer a indignación xerada polo rescate dos premios de antigüidade e outras «conquistas sociais» acadadas coa sinatura de recente acordo de BB.SS (Que oportuno!).

A libranza de todos os do ano non debe ser moeda de cambio, xa que supón un gran aforro económico para BBVA, e máis con todo o que perdemos de Beneficios Sociais.

A libranza de todos os do ano non debe ser moeda de cambio, xa que supón un gran aforro económico para BBVA, e máis con todo o que perdemos de Beneficios Sociais.

A información é moi distinta segundo a fonte de onde proceda:

  • A empresa non fixo comunicación oficial, e afirma non ter partido dela a proposta.
  • Na reunión non estiveron presentes todos os sindicatos coa condición de máis representativos. A transparencia e a información seguen brillando pola súa ausencia.
  • As condicións para o peche son distintas segundo o sindicato que as conte, pero coinciden en deixar portas perigosamente abertas a xustificar a presenza do persoal de oficina calquera tarde en calquera horario, así como a introducir a xornada partida.

O único que está clarísimo a estas alturas é que ao BBVA, a apertura da maioría das sucursais nos sábados lle supón un gasto non rendible:

Se acadan un aforro co peche, Por que temos nós que darlles máis a cambio?
Non lles chega co aforro que farán cos beneficios sociais?
E coas ridículas subas salariais asinadas en convenio polos mesmos que nos queren vender esta proposta?

A postura de CIG, foi, é, e será NON RENUNCIAR ÁS TARDES LIBRES, e REIVINDICAR A LIBRANZA DOS SÁBADOS. Especialmente agora que claramente supón un aforro económico para a empresa, ao tempo que se trataría dunha medida claramente favorecedora da política de conciliación da vida familiar e laboral, sobre todo para un dos colectivos máis esquecidos: o da xente nova, que normalmente desenvolve o seu labor en praza distinta de onde reside a súa familia, parella ou amizades.

Xa estamos traballando para estar presentes nas próximas reunións, poder contar cunha información máis precisa e reivindicar os nosos dereitos.





➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]






Ningún comentario: