A presión para alcanzar obxectivos desproporcionados remata pasándolle grave factura á saúdeFontán / Pontevedra
Existe presión inaceptable na realidade laboral do banco?
Si, por máis que se pretenda enmascarar. A sobrecarga de traballo, os horarios sen límite, a procura de obxectivos desproporcionados e a obsesión por unha retribución variable incerta, son causa que levan ao queime persoal. Matan talento, truncan carreiras profesionais e rematan pasando grave factura á saúde. Se permitimos acomodarnos á tensión diaria, é común atoparse con síntomas como ansiedade, inquietude, nerviosismo, temor ou angustia. O perigo está en que é case imposible darse conta do problema. Anticipo de enfermidade cardiovascular, gástrica ou psicolóxica. É necesario saltar a tempo dunha trampa que é fatal, o estrés.
No sindicato asumimos o reto de dar a batalla contra esa situación que é o pan de cada día na verdadeira realidade laboral do banco.
Como se ve na avaliación de riscos?
O Plan de Riscos Laborais ten unha carencia indiscutible, a de tipo psicosocial. No CESS, a CIG busca que se aborde con seriedade e rigor este factor polo que afecta á casuística do traballo nas oficinas. BBVA, enreda cun estudo da UCM feito a medida para que o contratante poida aparentar.
O modelo da banca robótica
O balbordo causado nos medios de prensa pola presentación en sociedade do robot NAO, un bancario nipón con corpo de androide, baixo custo e sen dereitos laborais, é toda unha metáfora do proceso de transformación que se está a impulsar no sector financeiro á procura dun modelo no que o capital humano semella estar de sobra. Tempos difíciles que precisan de sindicatos combativos.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario