Amosando publicacións coa etiqueta Luis-Fernández-Sabuz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Luis-Fernández-Sabuz. Amosar todas as publicacións

4 de febreiro de 2019

Por un sindicalismo próximo a ti!

  • Carmen: Por un sindicalismo combativo próximo a ti!
  • Miguel: Por un sindicalismo combativo próximo a ti!
  • Luis: Por un sindicalismo combativo próximo a ti!
  • Cristina: Por un sindicalismo combativo próximo a ti!

27 de xaneiro de 2015

Unha voz sindical próxima: Luis

Luis / Ourense
A retribución variable, dependente da avaliación, non recompensa o esforzo extraordinario que se fai

Luis / Ourense

O proceso de avaliación, é transparente e obxectivo?

Non, rotundamente. A catalogación, a fixación de obxectivos e a avaliación son perigosos instrumentos ao servizo do banco para forzar ao límite o nivel de dedicación do persoal con abusivos horarios, fóra do establecido legalmente. A retribución variable, dependente dunha subxectiva avaliación, non recompensa o esforzo extraordinario que se fai. Por máis que BBVA pretenda vender a racionalidade do método, é evidente a súa falla de transparencia e arbitrariedade. Esta vai camuflada baixo manipulables obxectivos de cliente, tácticos e outros do estilo de dixitalización ou cultura corporativa que deixan á comenencia da Dirección o resultado final que na práctica adaptarase ao que xa se teña decidido. De nada valerá a entrevista posterior. Aquí non hai rigor, coherencia nin xustiza.

Pode regularse por acordo social?

CIG demanda que así se faga. Mellor aínda dentro do Convenio sectorial para que o proceso goce de forza legal. Os incentivos baseados nun acordo laboral favorecen a imaxe de transparencia e responsabilidade da empresa e motivan máis eficazmente no traballo cotiá do cadro de persoal.