20 de xullo de 2020

Nova reunión de Convenio sen avances

Negociación XXIV Convenio Colectivo AEB

Na última reunión de convenio (a vixésimo cuarta), celebrada o pasado xoves 16 de xullo, despois de que a Patronal e as distintas representacións sindicais presentaran as súas plataformas de propostas, comentadas ao longo dos pasados meses de negociación, as organizacións sindicais de carácter estatal, CC.OO, UGT e FINE (ASINANTES DO ACORDO DE REXISTRO DE ) presentaron unha proposta conxunta da que invitaron a participar o resto de representacións. Analizaremos esta proposta e faremos a nosa valoración.

Pero non podemos esquecer que todas as empresas do sector xa puxeron en marcha o rexistro de xornada en consonancia co modelo AUTODECLARATIVO recollido no acordo de sector, coas consecuencias negativas que todas estamos a sufrir, comprobando que non cumpre coa súa finalidade, ACABAR COAS PROLONGACIÓNS ILEGAIS DE XORNADA E A FRAUDE A FACENDA E A SEGURIDADE SOCIAL NAS HORAS EXTRAS. O que xa advertira a CIG durante o proceso de negociación.

Para a CIG a subscrición do convenio pasa porque o modelo de rexistro de xornada sexa automático. Non é posible acabar coas prolongacións de xornada e chegar a unha desconexión dixital real se non é así.

A CIG presentou a súa plataforma, da que facilitamos o ligazón [.pdf · 240 kB] para o voso coñecemento na que facemos nosas as vosas preocupacións e propostas dende unha perspectiva de xénero, centradas na actual realidade do sector:

  • Para tratar de atallar a discriminación salarial e de carreira profesional que sofren as mulleres. Vimos de solicitar á patronal os datos de cadros de persoal do conxunto do sector desagregados por xénero e nivel salarial.
  • Adecuar os niveis salariais aos novos requirimentos legais e empresariais de capacitación.
  • Establecer o necesario equilibrio entre os obxectivos comerciais e a carga de traballo, actualmente desproporcionados e non asumibles, cunha vixilancia especial desde os comités de saúde de cada empresa.
  • Para que a conciliación coa vida persoal e familiar sexa real, con medidas adaptadas as necesidades que nos transmitides.


Atendendo a consulta feita pola CIG, con respecto a suspensión da aplicación do artigo 27.6 de durante o Estado de Alarma acordado pola comisión paritaria, relativo ao horario reducido de catro horas de traballo efectivo na semana de festa maior, a paritaria acordou, o 7 de xullo, reactivar a súa aplicación, quedando emprazada para o mes de setembro para dar unha solución alternativa aos casos nos que non foi posible aplicar a redución horaria.

Próxima reunión da mesa o 30 de xullo, na que a AEB responderá ás nosas propostas.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Convenio Galego Xa!
Comunicado 200720 [.pdf • 119 kB]



Ningún comentario: