30 de xuño de 2020

Reestruturación oficinas:
Presentado Conflito Colectivo na Audiencia Nacional

CIG e SEC CIC presentamos Conflito Colectivo na Audiencia Nacional contra a decisión unilateral de BBVA de reestruturar as oficinas.

A decisión de pechar as caixas a partir das 11 h., levou a reducir os postos GAC e RAC, afectando:

  • Ao dimensionamento das oficinas.
  • Á distribución do tempo de traballo.
  • Ás tarefas e funcións.
  • Aos ritmos de traballo (concentrando a carga de atención en menor tempo).
  • Á avaliación dos riscos psicosociais das sobrecargas de traballo.
  • Ás retribucións: a propia empresa modificou os obxectivos cuadrimestrais.

Non estamos só ante una mera decisión de restrinxir un servizo á clientela (curiosamente ao mesmo tempo que os demais bancos), senón que a decisión supón tamén unha reestruturación das oficinas e pode afectar ao emprego.

Un paso máis neste novo modelo de sistema financeiro que non presta servizo, só comercializa produtos cada vez máis complexos. E o persoal é un simple colocador de produtos financeiros que a clientela non demanda, presionando a través dun modelo de organización do traballo baseado na Dirección por Obxectivos.

A clientela demanda servizo, como amosan as colas e protestas que temos que soportar estes días. Pero queren empurrala cara unha dixitalización que é a maior ameaza para os nosos postos de traballo.

É evidente que o BBVA realizou esta modificación evitando considerar as consecuencias laborais da decisión, que ten unha eficacia inmediata aínda que gran parte dos seus efectos se dilaten no tempo.

Esta deliberada opacidade, causa inseguridade xurídica á hora de identificar e describir os efectos laborais da medida. Por todo isto decidimos presentar .


CIG - SEC - CIC



➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 200630 [.pdf • 164 kB]



Ningún comentario: