24 de setembro de 2021

Concentracións da CIG en Lugo contra os PECHES de oficinas

Polo mantemento dos postos de traballo no BBVA  Non ao ERE no BBVA

Concentración nas oficinas de San Cibrao e Ferreira do Valadouro (Lugo) o 22 de setembro de 2021

O 22 de setembro mobilizámonos de novo contra os peches de oficinas do BBVA, desta volta en e en .

Nesta ocasión acompañáronnos veciños e veciñas prexudicadas pola decisión do Banco de pechar estas oficinas e deixar sen servizo á clientela, traspasándoa, no caso da oficina de San Cibrao á oficina de Burela, e a da oficina de Ferreira do Valadouro á oficina de Mondoñedo, cos prexuízos e dificultades que isto supón para a clientela, especialmente no caso das persoas maiores.

Xa anunciamos, cando se pechou a negociación do ERE inxustificado, que as súas consecuencias non acababan co peche desa negociación, senón que ao longo deste ano comprobaríamos como o banco segue coa destrución de postos de traballo e as presións sobre o persoal que continúa no banco.

Tamén dixemos que o ERE asinado por CC.OO, ACB e UGT no BBVA, estaba feito só para aumentar aínda máis os xa enormes beneficios que tiña o banco e o reparto de dividendos aos accionistas a conta da eliminación de postos de traballo e do peche de oficinas, provocando maior exclusión financeira á cidadanía.

A CIG non deixará de mobilizarse contra estas medidas do Banco e, onde haxa peches e destrución de emprego, alá estaremos para denuncialo.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 210924 [.pdf • 1'9 MB]



Ningún comentario: