18 de outubro de 2021

Continuamos mobilizándonos contra os peches

Polo mantemento dos postos de traballo no BBVA  Non ao ERE no BBVA

Concentración na oficina de Laracha (A Coruña) o 13 de outubro de 2021 e en García Camba (Pontevedra) o día 15

O 13 de outubro na e o 15 en , seguimos denunciando os peches de oficinas que está a facer o banco, xogando esa carta branca que lle deron as organizacións asinantes dun ERE inxusto e inxustificado.

As consecuencias son coñecidas por todo o cadro de persoal: mobilidade xeográfica, despedimentos e traslados con cambios de funcións sen a preceptiva formación. O banco fai o seu particular agosto, coa vista posta no incremento de beneficios.

A situación en xeral nas oficinas que quedan abertas é moito peor que a existente antes do ERE (que xa era mala), con menos dotación. O clima laboral é esquizofrénico, obxectivos comerciais inalcanzables, e presión desmesurada. O persoal desbordado, aguantando con medicación ata que lle prescriben unha baixa.

O banco segue coa súa estratexia de restrición de horarios, de servizos (sobre todo de caixa) e dixitalización forzosa da clientela.

Mentres outros limítanse a dar números sobre a aplicación do ERE, nós advertimos: OLLO que a este paso, a escusa para poñer enriba da mesa un novo axuste se lle está poñendo en bandexa.

Nós estaremos aquí para seguir loitando na defensa dos nosos empregos en condicións dignas!




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 211018 [.pdf • 1'3 MB]



Ningún comentario: