Como xa anunciamos no noso anterior comunicado, o martes 18 continuamos coas mobilizacións nas oficinas que o banco está pechando debido á implantación do modelo de negocio que se basea na dixitalización forzosa da clientela.
Neste caso, concentrámonos diante das oficinas afectadas de Ourense, a que pecha en Xoán XXIII e a receptora da Rúa do Paseo. Non nos cansaremos de denunciar as consecuencias do modelo do BBVA en relación co servizo e atención aos colectivos vulnerábeis: peches de oficinas, amortización de postos de traballo, incremento da carga de traballo, dificultades de conciliación para as persoas traballadoras e deterioro na atención á clientela.
O banco segue coa súa política de redución de custes a costa dunha peor atención e peores condicións de traballo do seu persoal, nun ano de beneficios históricos que pretenden seguir incrementando as retribucións obscenas da súa cúpula directiva.

Ourense 18/11/25: Xoán XXIII–Paseo
Pechan oficinas.
Deixan a clientela sen servizo.
Reducen persoal.
Espremen ao que queda.
Aumentan os beneficios do banco.
Suben os salarios do Consello de Administración.
Alá onde o banco anuncie novos peches, a CIG estará mobilizándose na rúa para denunciar a situación.
Pola defensa dos nosos postos de traballo e da nosa saúde
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
http://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]Folla
http://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario