Pretenden os grandes bancos tirar vantaxes desas reformas. Eles non sofren as consecuencias da crise, que capean coas axudas públicas (BCE, Goberno e incluso da Reserva Federal dos USA) e tirarán unha boa tallada como consecuencia do proceso de concentración/centralización impulsado polo Goberno.
Quen sufrimos a crise somos os traballadores e traballadoras, tamén de banca. Os nosos salarios estiveron conxelados ao longo do 2011, mentres o IPC (que non recolle realmente a suba da vida) situouse nun 2'4% . Un indicador falseado: o anterior goberno do PSOE subiu o gas, correos, os transportes, a electricidade (10% ) e o petróleo subiu no entorno dun 12% .
Malia todo, tomando como referencia o IPC, a perda salarial acumulada por tramos salariais medios foi a seguinte:
Salario Medio | Perda Conxelación Salarial 2011 |
---|---|
30.000 | - 720 |
35.000 | - 840 |
40.000 | - 960 |
45.000 | - 1.080 |
50.000 | - 1.200 |
Cobramos menos grazas aos nosos xenerosos empregadores, pero pagaremos máis impostos grazas ao novo Goberno.
A suba do IRPF aprobada polo Consello de Ministros o 30 decembro, afectará de xeito masivo no sector, cunha suba que oscilará, segundo os salarios, entre o 0'75 ao 4% , á que hai que engadir a suba do IBI (entre o 4 e o 10% ). Por certo, a suba de impostos aprobouse ao mesmo tempo que unha liña de axuda a banca por 100.000 millóns de euros. Pagarán axudas aos seus bancos con cargo aos nosos recentemente subidos impostos, como os de toda a cidadanía, e ademais pretenden lurpiarnos conxelándonos o salario: non home non!!!
En definitiva, os prezos e o custe da vida soben, soben os impostos, os bancos capean o temporal a costa da cidadanía mentres refregan as mans pensando no negocio que se aveciña, e nós perdemos aproximadamente ½ paga de media.
Queridos e ben pagados executivos e propietarios, a cidadanía está farta de vostedes e nós, como traballadores/as, somos quen damos a cara a cotío ante o descontento da clientela e sociedade en xeral. Paguen dunha vez o que nos deben. A nós, que estamos dentro, é difícil enganarnos.

➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario