6 de abril de 2011

Máis de 5.000 persoas berran en Madrid polo dereito a dedicir e contra as políticas antisociais

Arredor de 6.000 persoas —entre as que participaron uns 1.500 delegados e delegadas da CIG— manifestáronse polas rúas de Madrid na mobilización convocada polas organizacións sindicais nacionalistas vascas ELA, LAB, STEE-EILAS, EHNE, HIRU, a catalá Intersindical-CSC, a canaria IC, ademáis da CIG, baixo o lema «Polo dereito a decidir as nosas condicións laborais e sociais».
Éstas organizacións veñen demostrando que están decididas a mobilizarse en defensa da «dignidade e dos dereitos dos traballadores e traballadoras», como xa fixeron na pasada folga xeral do 27 de xaneiro, contra a reforma das pensións.

Imaxe tirada dende a rúa Agustín de Betherncourt cara o paseo da Castellana
Imaxe tirada dende a rúa Agustín de Betherncourt cara o Ps. da Castellana. Foto: (CC) SusoPb

Non todo o sindicalismo actuante no estado español está domesticado e ao servizo do poder

Os secretarios xerais da CIG, ELA e LAB, que falaron ao final do manifestación, foron especialmente críticos con CC.OO e UGT, aos que acusaron de asinar unha reforma, a das pensións, amparándose no chamado "Pacto Social", que supón, segundo explicou o noso secretario xeral Suso Seixo, unha «traizón aos intereses da clase traballadora», porque favorece ao neoliberalismo e persegue, ademais a «desmobilización», nun momento no que sería necesario xusto o contrario «se queremos parar estas políticas tan agresivas contra os intereses da maioría social», dixo, lembrando que «non todo o sindicalismo actuante no estado español está domesticado e ao servizo do poder».

Tedes máis información e imaxes no xornal dixital Avantar.


➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Ningún comentario: