A Confederación Intersindical Galega (
CIG) e a maioría sindical vasca (
ELA,
LAB,
STEE-
EILAS,
EHNE e HIRU) ademáis da Intersindical Canaria e Confederación Sindical Catalana
van desenvolver unha manifestación o vindeiro
5 de abril en
Madrid en contra das reformas do goberno (concretamente a reforma das pensións e da negociación colectiva) e na defensa do dereito a decidir nos propios territorios as condicións laborais e sociais. Na marcha agárdase que participen arredor de 3.500 delegados e delegadas de todas as organizacións sindicais, dos/as que uns 1.200 serán representantes sindicais da
CIG, podes vir —de balde— conosco si queres, para o cal anótate nos
nosos locais.
O goberno español e a maioría dos grupos parlamentarios (agás
BNG,
IU e
ERC) aprobaron a anterior reforma laboral e amosaron o apoio á reforma das pensións que se debate este mes no Congreso. Tamén queren aprobar en breve unha reforma para impedir que decidamos sobre os nosos convenios. Todas estas reformas están pensadas para
reducir dereitos, salarios e pensións da clase traballadora.