![1º maio 1º maio](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhd9YjwrlrSFra_UKa1DPHMiqenO0Vcjv4AnJPLWAq6JkEeeanlHaHObEnRttJW-yyVO5Sul-VOMsDcIFVUKigQvUax66hlTSFS4sAlMteWa1qDpKwwiGQwhWWsLivRnso5mqjzIcrnvxxf/s320/1maio.png)
Partido Popular — Unión Europea
menos dereitos, máis pobreza
Temos que poñer punto e final a este roubo, a este saqueo contra a poboación máis débil, contra a clase traballadora
Temos que paralos
menos dereitos, máis pobreza
Temos que poñer punto e final a este roubo, a este saqueo contra a poboación máis débil, contra a clase traballadora
Temos que paralos
CONSTANTES reformas que nos deixan sen dereitos para darlles diñeiro aos bancos, ás grandes empresas, aos especuladores/as e aos corruptos/as.
Atacan as nosas pensións insistentemente, os nosos dereitos no traballo abaratando o despedimento, incrementando a xornada laboral, reducindo os nosos salarios, causando máis paro e pobreza.
Somos vítimas dos desafiuzamentos, perdemos o fogar, os aforros. Reducen as nosas prestacións por desemprego ao 50% a partir do sexto mes. Elimínanlle o dereito ao subsidio para maiores de 55 anos a centos de miles de persoas, suprimindo a cotización durante estes anos e como consecuencia castigando a pensión de todos e todas as que perderon o seu traballo.
Redúcennos as prestacións sanitarias atacando a nosa saúde, eliminan servizos e privatizan hospitais para negocio das empresas dos seus amigos; dánlle o poder ás mutuas para as baixas por enfermidade, encarecen a universidade para as fillas e fillos da clase traballadora, mentres dan centos de millóns ao ensino privado para os fillos e fillas dos ricos/as.
Por que atacan sempre o gasto social con estas reformas e non atacan a inmensa fraude das grandes empresas do IBEX (Telefónica, Repsol, Santander, Iberdrola, Gas Natural, BBVA e 28 grandes empresas máis que segundo a Inspección de Facenda desvían por ano máis de 74.000 millóns de euros a paraísos fiscais); e por que non perseguen a fraude das grandes fortunas, os máis ricos/as, que segundo a propia Inspección levan a estes paraísos máis de 42.000 millóns de euros ao ano? Porque gobernan para eles.
O gasto social no Estado español (pensións, sanidade, ensino, axudas, subsidios, etc.) é un 15% menor que a media da Unión Europea.
Por que matan a industria galega, o naval, a pesca, o noso sector agroalimentario, destruíndo miles de empregos na nosa nación, só para contentar a Europa?
Xa anuncian novas reformas antes do verán, máis pobreza e paro. Temos que paralos ou non teremos futuro, e peor será para os nosos fillos e fillas.
Participa na manifestación do 1º de Maio, participade nas nosas manifestacións:
- A Coruña: praza de Vigo, 12:00 h.
- Compostela: Praza Roxa, 12:30 h.
- Ferrol: Av. de Esteiro, 12:00 h.
- Ribeira: praza do Peixe, 12:00 h.
- Lugo: ronda da Muralla, 12:00 h.
- A Mariña: Av. Arcadio Pardiñas 137, 12:00 h.
- Ourense: Pavillón dos Remedios, 12:00 h.
- Pontevedra: praza da Ferrería, 12:00 h.
- A Estrada: praza do Concello, 12:00 h.
- Vigo: Cruce da Doblada con Urzaiz, 11:30 h.
- Vilagarcía de Arousa: casa do Peixe, 11:00 h.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiC6JqEPZ3mYQ98OuaNBKF8aId8-yhCxWQh5Puw5mFUU6Csb7WWBJSgyjsHvvY63qnPn20GH8NIQEI8uFzFbWw0ohx_m-L3Kws2TgbDghZu25hDFTW_XW2Ue2OdWZOLbtBlZuOyVJeKHWUa/s0/AvatarCIGBBVA_200.png)
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario