19 de abril de 2013

Manifesto aos traballadores e traballadoras do sector financeiro

Obxección de conciencia ante Desafiuzamentos, Comercialización de produtos complexos e Quita ás preferentes e subordinadas.

A actuación das Entidades Financeiras está sendo cuestionada cada vez máis, e con máis razón, pola sociedade. Cada vez un maior número de sentenzas cuestiona a lexislación bancaria, así como o comportamento da Banca. As persoas que traballamos nelas, que non somos banqueiros, estamos na diana, é preciso un cambio profundo que debe comezar por nós mesmos.

A CIG tense dirixido ás patronais de banca (AEB) e das antigas caixas (ACARL), así coma ao FROB (a través do que se instrumenta a propiedade estatal das Entidades intervidas), para requirirlle que recoñeza o dereito á obxección de conciencia dos traballadores e traballadoras do sector ante cuestións concretas, tal e como ten establecido incluso o Tribunal Constitucional.

Reclamamos o recoñecemento do dereito a exercer a obxección de conciencia ante:


Os desafiuzamentos.
Até o Tribunal Europeo considerou abusiva a actual lexislación hipotecaria. Non queremos ser cómplices da patronal e do Goberno. Defendemos o dereito das persoas a ter unha vivenda e non queremos colaborar en desafiuzamentos inxustos. Abonda de botar familias das súas casas para telas baleiras.

A venta de produtos complexos en tramo minorista.
A venta de produtos complexos en tramo minorista. As cada vez máis numerosas sentenzas demostran que as políticas comercias das Entidades son ilegais en moitos casos. Nos padecemos esas políticas comerciais agresivas e temos dereito a dicir basta. Non queremos colocar produtos de deseño, que ninguén sabe o que son, nin ofrecen garantías.

A participación na Quita aos aforradores/as.
Os traballadores e traballadoras das Entidades Nacionalizadas non queremos tomar parte da quita aos pequenos aforradores con débeda subordinada. É o seu diñeiro e teñen dereito a recuperalo de xeito íntegro.

As Patronais e o Goberno/FROB, son os auténticos responsables. Hoxe, recoñecendo ou negando o noso dereito á obxección de conciencia, retrataranse socialmente.

Temos o convencemento de que o recoñecemento deste dereito á obxección de conciencia, que en xustiza pedimos, contribuiría a sentar as bases dun sistema financeiro máis xusto e sostible socialmente.



➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 130419 [.pdf • 22 Kb]




Ningún comentario: