Amosando publicacións coa etiqueta día-da-clase-obreira-galega. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día-da-clase-obreira-galega. Amosar todas as publicacións

8 de marzo de 2025

10M: Traballo, Igualdade e Salarios Dignos nunha Galiza con Dereitos

10m: Traballo, Igualdade e Salarios Dignos nunha Galiza con Dereitos

O 10 de Marzo é o Día da Clase Obreira Galega, que a CIG chama a conmemorar en todas as comarcas para reivindicar, con 12 medidas, traballo, igualdade e salarios dignos nunha Galiza con dereitos.

Ofrenda floral ás 12 h. en Ferrol no monumento 10 de marzal.

Manifestacións ás 20 h. *agás en Vigo (19 h) e Compostela (19:30 h).


27 de abril de 2022

Contra a pobreza, políticas públicas e salarios dignos

1º Maio Día Internacional da Clase Obreira

Neste ano, o primeiro de maio ten lugar no medio da crítica situación económica e social pola carestía da vida na que xa viviamos, agravada polas consecuencias da guerra na Ucraína, a CIG propón un paquete de medida urxentes para atallar o impacto que os altos prezos dos bens e servizos básicos están a ter sobre as clases populares. Estas propostas, na liña das que xa trasladamos aos Gobernos español e galego para avanzar nunha saída galega xusta da crise, requiren dunha decidida intervención pública e inciden en varios ámbitos para poder garantir unhas condicións de vida dignas.

Resulta indecente que o Goberno acorde aumentar até un 2 % do PIB en Defensa sen dar solución á carestía da vida e ás graves carencias e necesidades sociais, servizos públicos e defensa do emprego digno.

A resposta á pobreza non pode ser máis políticas neoliberais como as que contén o chamado Plan de Resposta Económica á Guerra anunciado polo Goberno español que busca, entre outros obxectivos, a contención salarial, consolidando así os baixos soldos e a pobreza laboral. Esta ofensiva complétase co chamado Pacto de Rendas e as negociacións do acordo estatal de negociación colectiva onde, de novo, o diálogo social, UGT e CC.OO volven estar ao servizo do capital, e baixo a premisa de impor a moderación salarial, imposibilitan calquera recuperación do poder adquisitivo dos salarios.

Neste contexto, resulta lamentábel que o Goberno galego estea máis preocupado pola sucesión do PP no Estado que na busca de medidas para afrontar esta gravísima situación, practicando unha política de inacción e de abandono das súas competencias.

Cómpre pois reaccionar e seguir na loita para esixir medidas urxentes como as propostas pola CIG para frear os efectos devastadores dos altos prezos e poder ter unha vida digna.

9 de marzo de 2022

10 de Marzo: Día da Clase Obreira Galega

Este ano cúmprense os 50 anos das loitas do 72 desde as que construímos a historia contemporánea do movemento obreiro galego, por iso nesta data celebramos o DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA.

Comezaron en no mes de marzo, continuadas meses despois en , e tiveron no asasinato pola policía franquista dos traballadores da antiga Bazán, Amador e Daniel, a maior expresión da represión vivida hai 50 anos. Son os mártires dunha loita pola dignidade e pola liberdade, contra a precariedade das condicións de traballo, por salarios xustos e por defender a negociación colectiva en Galiza.

No ano 2022, 50 anos despois, A LOITA CONTINÚA, coas mesmas reivindicacións nun momento crítico, como o que estamos a vivir.

50 anos 10M

30 de abril de 2021

Unha saída galega xusta fronte á crise

1º Maio Día Internacional da Clase Obreira


Neste chamamos a que as rúas do noso país se enchan de reivindicación por unha SAÍDA GALEGA XUSTA DA CRISE. No , e no actual momento histórico que vivimos, cómprenos facer valer políticas alternativas e garantir a autodeterminación dos pobos e das nacións, como a galega, para construir un mundo baseado na solidariedade, na cooperación, na igualdade e na paz.

A evolución da actual camiña perigosamente na dirección de favorecer os intereses do capital, da economía, a risco de que a clase traballadora e as maiorías sociais sexamos de novo quen saiamos máis empobrecidas.

10 de marzo de 2020

Pola recuperación de dereitos e na defensa da industria e do emprego en Galiza

A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións que ten convocadas en todas as comarcas hoxe día 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega baixo o lema «Pola recuperación de dereitos para avanzar e na defensa da industria e do emprego en Galiza».


Lugares e horarios das mobilizacións do 10 de marzo


Lugares e horarios (CET)



  Vídeo: YouTube  [.mp4] 9 Mb

8 de marzo de 2015

10 de marzo. Día da clase obreira galega

Contra a probreza

Emprego e salarios dignos

Nestes meses atrás, a Axencia Tributaria (Facenda) daba a coñecer por medio dun informe os ingresos por rendas do traballo dos asalariados e asalariadas no Estado e tamén en Galiza. Os datos desvelan unha situación de precariedade extrema e de pobreza que se instala no mundo do traballo, co perigo de se converter en estrutural e definitivo.

5 de marzo de 2012

Manifestacións e FOLGA XERAL

A CIG aprobou a convocatoria dunha para o día 29 de marzo. Ao mesmo tempo decidimos falar con outras organizacións sindicais, sociais, políticas e da mocidade para procurar apoios a esa convocatoria.

O 2 de marzo, a CIG, xunto con CGT, CUT e CNT, rexistramos na Consellería de Traballo convocatoria de FOLGA XERAL [.pdf • 2'1 Mb] para o 29 de marzo. O obxectivo da folga, é mostrar o rexeitamento á aprobación por parte do Goberno español do Real Decreto Lei 3/2012, de 10 de febreiro, de Medidas urxentes para a Reforma do mercado laboral.

O vindeiro 29M haberá FOLGA XERAL en Galiza, Euskadi, Navarra e tamén en Canarias, ante a maior agresión aos traballadores e traballadoras dende o franquismo.

8 de marzo de 2011

Contra as reformas do capital: MOBILIZACIÓN!

A CIG convoca manifestacións en e o 10 de Marzo, , contra o pacto económico e social. As mobilizacións sairán ás 20:00 h. (CET) dende a Avenida de Esteiro e dende a viguesa Vía Norte.

O 10 de marzo de 1972 a clase traballadora
galega loitou contra a ditadura, con centos
de detidos, feridos e dous mortos:
Amador Rei e Daniel Niebla a mans da
policía, conseguindo que os convenios
se negociasen aquí, vencendo ao
sindicalismo vertical.
Agora UGT e CC.OO retroceden
os noso dereitos 39 anos.
Antes o réxime tiña un
sindicato vertical,
agora ten dous.

11 de marzo de 2010

Manifestación 10 de marzo

A Confederación Intersindical Galega celebrou o 10 de Marzo, , con manifestacións en toda Galiza en defensa do emprego, dos salarios e das pensións, ameazados hoxe como consecuencia da crise económica e das políticas neoliberais que se están a promover desde os gobernos. Arredor de 20.000 persoas manifestáronse coa CIG, nas sete cidades, baixo o lema "O emprego, os salarios e as pensións deféndense loitando".