30 de abril de 2021

Unha saída galega xusta fronte á crise

1º Maio Día Internacional da Clase Obreira


Neste chamamos a que as rúas do noso país se enchan de reivindicación por unha SAÍDA GALEGA XUSTA DA CRISE. No , e no actual momento histórico que vivimos, cómprenos facer valer políticas alternativas e garantir a autodeterminación dos pobos e das nacións, como a galega, para construir un mundo baseado na solidariedade, na cooperación, na igualdade e na paz.

A evolución da actual camiña perigosamente na dirección de favorecer os intereses do capital, da economía, a risco de que a clase traballadora e as maiorías sociais sexamos de novo quen saiamos máis empobrecidas.

Isto acontece nun momento no que, sen se ter superado a do 2008, aumenta a concetración do poder, das rendas e da riqueza en menos mans e menos territorios. O 1 % da poboación mundial máis rica concentra o 47 % —case a metade— da riqueza mundial.

A pandemia está a ser aproveitada para celebrar as transformacións nas que se atopa inmersa a economía (descarbonización) e o traballo (dixitalización, teletraballo, etc.) na dirección de manter a hexemonía do capital, impoñendo todo tipo de mudanzas no modelo produtivo e valéndose, unha vez máis, do papel dos estados e do consumo millonario de recursos públicos

A débeda pública medra ao tempo que novos recortes veñen en camiño, mentres aumenta o desemprego, especialmente o das mulleres, a caída dos salarios, a precariedade, a pobreza laboral, e diminúe a posibilidade dun futuro digno para a mocidade.

No Estado español, o Goberno de PSOE–Unidad Podemos actúa ao ditado do neoliberalismo e das diretrices da UE, por motivo que o disfracen con gran despregamento de centralismo madrileño e permanentes chamadas á lacra do diálogo social.

Un diálogo social que só fai engordar a conta de resultados das elites económicas e contribuír a manter todas e cada unha das políticas aplicadas desde a crise do 2008, que na súa gran maioría aínda están en vigor: reformas laborais, da negociación colectiva, das pensións, recortes e privatizacións de servizos públicos e sociais, etc.

É todo isto acontece cando imos camiño dun empeoramento da crise derivada da pandemia, con novos despedimentos que se suman aos executados desde o 14 de marzo de 2020, unha maior caída dos salarios, das rendas e das prestacións para máis sectores da clase traballadora.

A permanente propaganda e as declaracións sobre a derrogación das reformas laborais contrasta coa súa vixencia e constante aplicación, torturando cada día a máis traballadores e traballadoras e aumentando as facilidades para que a patronal siga a aplicar ERE ou ERTE á carta.

A estas alturas é inxustificábel que estas reformas sigan en vigor e que non haxa iniciativas políticas máis atrevidas para facer realidade a súa derrogación. Polo tanto, é necesario e urxente aumentar a mobilización e a resposta social para forzar a súa derrogación.

Na , a acción do PP e de Feixó está a contribuír de forma intensa á destrucción dos nosos sectores produtivos, industrias estratéxicas, con comarcas enteiras, especialmente no norte do país, en pleno proceso de reconversión e demolición.

Están a aplicar unha política suicida para o futuro da sociedade galega, e fano de forma autoritaria, actuando de xeito submiso con Madrid. En consecuencia, agrávase a crise social, industrial e demográfica e a incesante emigración que vimos padecendo, ao tempo que aumentan as políticas de espolio dos nosos recursos enerxéticos e naturais, a privatización de servizos públicos e a mercantilización dos coidados das persoas, sempre en favor dos fondos de investimento.

Na CIG estámonos a mobilizar dende hai meses para facerlle fronte a unha situación que pode causar danos irreparábeis se non se produce unha actuación pública en favor da creación de emprego na nosa terra, que permita un mínimo desenvolvemento económico, industrial e social de Galiza. Como tampouco será posíbel unha saída xusta da crise senón avanzamos na conquista da soberanía nacional para termos capacidade de decidir como pobo galego.


Porque neste momento histórico o único camiño para construir un futuro digno como clase traballadora e como pobo galego é a mobilización, e a solidariedade e a unidade de clase, a combatividade e a loita obreira e social.

1º Maio Día Internacional da Clase Obreira
1º Maio Día Internacional da Clase Obreira

Horas e lugares das mobilizacións
Milleiros de persoas toman as rúas de Galiza convocadas pola CIG


➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Folleto: 1 de maio 2021 [.pdf • 917 kB]





Cartaz que podes utilizar nas mobilizacións:

Cartaz para o 1º de maio


Ningún comentario: