29 de abril de 2021

Non facilitan información nin admiten propostas

Concentración na oficina de Santiago del Estero en Compostela. Imaxe: CIGBBVA (cc) BY-NC-SA
Concentración na oficina de Alfredro Brañas en Compostela. Imaxe: CIGBBVA (cc) BY-NC-SA
Concentración na oficina de Senra en Compostela. Imaxe: CIGBBVA (cc) BY-NC-SA
Mobilización da CIG en Compostela onte 28/04

O Banco di que quere reducir os despedimentos recolocando 350 persoas en postos de xestión remota. Non hai redución real, o número inicial de 3.798 despedimentos xa estaba inflado; esa é a estratexia do Banco.

Queren que Contigo e CSE poidan superar o 25 % do cadro de persoal. E establecer flexibilidade na hora do xantar para que o servizo estea sempre cuberto no horario de 9 a 18 horas. Máis flexibilidade para restrinxir, aínda máis, o control da xornada.

Mobilidade xeográfica: pretenden incrementala a 150 quilómetros e sen compensación; por riba dese límite percibiríanse 250 euros/mes durante 3 anos.

Por parte da CIG rexeitamos a actuación da empresa, que non facilita documentación acreditativa do ERE, falsea a realidade e non está aberta a negociar alternativas.

  • As causas económicas alegadas, a diminución dos ingresos durante a pandemia, non serían causa dun ERE, senón dun ERTE, figura que o banco se nega a utilizar.
  • Se houbese unha diminución da demanda de atención por parte da clientela, o banco tería reducido paulatinamente a atención (tanto en horarios, coma en persoal). Reduciu ilegalmente horarios de atención (non houbo comunicación de modificación contractual á clientela) con carácter xeral e sen ter en conta as operacións de cada centro. E quere eliminar agora a maioría dos postos de atención de golpe, sen relación coa suposta caída da demanda en cada centro de traballo. Polo tanto, incluso no caso de existir as causas, as medidas propostas non serían proporcionais.
  • Non hai cambio de hábitos na clientela, ao contrario, cada vez son máis as voces que se alzan contra a dixitalización forzosa da banca que xera marxinación financeira. Nos últimos meses concellos de toda Galiza veñen aprobando por unanimidade mocións nas que reclaman o mantemento da atención presencial e das oficinas. É o banco quen forza a dixitalización, para poder alegar esa escusa e aforrar custes despedindo.
  • O banco non admite ningunha proposta de reducións de custes para manter o emprego, a única opción é despedir e incrementar os postos de atención a distancia. Uns postos que todos e todas somos conscientes que non son o futuro. No momento en que a carteira da clientela este totalmente dixitalizada e a clientela habituada á atención a distancia, externalizarán coma xa pasou noutros sectores, ou fan os bancos on–line. Non pagarán salarios medios de 40.000 euros anuais, cando na televenta páganse 11.000 anuais ou menos.

Por último, como todos e todas sabedes a CIG demandou ao BBVA pola redución dos horarios de atención ao público (que hoxe é causa do ERE), pero a xustiza española fallou novamente a favor dos bancos.

Nós seguiremos coas mobilizacións contra o ERE, na procura de accións sindicais conxuntas.

A próxima reunión da Mesa Negociadora será o mércores 5 de maio.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 210429 [.pdf • 2 



Ningún comentario: