27 de abril de 2021

A empresa teima na reforma laboral para meter o Expediente de Despedimento Colectivo

EREBBVA ·  reunión 27 de abril 2021

Non ao ERE no BBVA

O banco segue sen demostrar documentalmente as causas acreditativas do ERE, nin se abriu a negociar medidas alternativas para aminorar o impacto sobre o emprego. Pero presenta un plan de «recolocación» para animar ao persoal que despida a «emprender».

A do PP autoriza as empresas con beneficios a instar ERE’s por causas económicas se hai unha baixada dos ingresos nos 3 trimestres anteriores e as obriga a presentar un plan de recolocacións. O BBVA está seguindo o guión, o actual Goberno do Estado non derrogou a reforma laboral e o BBVA aprovéitase.

Se na pasada reunión alegaron causas económicas en base a unha suposta diminución dos ingresos (unha cuestión consecuencia da ), nesta presentaron un Plan de Recolocación para o persoal despedido, baseado en convencelo para que se gaste a indemnización en «emprender».

A situación é moi grave, a día de hoxe seguen sen dar a información e a documentación que xustifiquen as causas, malamente podemos negociar sen que a empresa acredite as causas xustificativas. A Dirección sabe que non as hai, hai escusas. É compatible unha mala situación económica, cunha suba salarial para os máximos responsables da suposta desfeita? Claro que non, sería incluso temeraria.

Hai unha mala fe evidente na interposición deste ERE, só queren abaratar os despedimentos e consolidar a súa posición, cuestionada polos , para contentar aos accionistas maioritarios.

As políticas comerciais e os ERE’s de todos os bancos do Estado son iguais, porque o seu máximo accionista é o mesmo (tamén dalgúns medios). O Banco de España e incluso o BCE, parecen estar as súas ordes cando insisten en que o obxectivo da reconversión é garantirlle unhas rendibilidades anuais do 10 % aos accionistas. A sociedade, a clientela e os traballadores e traballadoras non lle importamos aos fondos voitres, nin aos seus servidores.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]







Ningún comentario: