22 de abril de 2021

As contas non dan

EREBBVA ·  reunión período informal

Non ao ERE no BBVA

Na reunión de hoxe, a Consultora Global de Investimento, presentou o Informe Técnico que se facilitará á Representación Sindical, e que é un avance da información que sustenta e motiva legalmente o Expediente de Regulación de Emprego. Baséase na escusa da dixitalización e da perda de beneficios como causas principais, así como en datos sectoriais moi negativos.

A xuntanza rematou cos datos de persoas afectadas en todo o Estado español, e a previsión de peches de oficinas. Datos que, nun alarde de transparencia–estratexia, o Banco xa trasladou ao persoal nun correo xeral. O ERE afectará a 3.798 traballadores e traballadoras de BBVA. Non presentan axustes para BEC nin para Consumer Finance.
Na rede de oficinas de , son un total de 111: 66 na , 9 en , 10 en e 26 en . Pecharán 59 oficinas na Territorial Noroeste, sen que a empresa dea máis detalle. Argumentan os peches en duplicidades, oficinas non estratéxicas e de convenios (como coa Armada).

Dende a Mesa de Negociación, nós non aceptamos os argumentos expostos. Nos datos BBVA, sempre fan referencia ao ano 2020, para reforzar o argumento da disminución de ingresos durante 3 trimestres consecutivos, un ano cun forte impacto provocado pola pandemia e polas provisións. Ademais, contrastan co manifestado polo Sr. Torres na , de hai dous días, na que presumía da mellor cifra de marxe neto dos últimos 5 anos e comparaban, para ben, cos seus pares. Afirmaron que merecen aprobar un aumento salarial do 200 % porque eles cumpren os seus obxectivos estratéxicos. Quedou claro que se están a aproveitar dunha situación conxuntural (o impacto da pandemia) para forzar medidas estruturais. Non existe xustificación obxectiva nin económica, nin sequera organizativa, para eliminar 3.798 empregos nunha empresa que presume da súa situación financeira. É unha actuación cínica e inmoral!.

Na CIG entendemos que o único camiño é unha actuación conxunta e contundente contra o que non é outra cousa que un atentado contra o emprego, as persoas traballadoras e as súas familias. Reclamamos da Dirección que cambien o paso cun modelo de xestión diferenciado do que están a facer o resto de Entidades. Pídennos que aumentemos clientela e ímola perder froito de peches e despedimentos. É inevitable neste proceso de reestruturación.

Procesos de reestruturación amparados polos sucesivos gobernos. Uns aprobando as reformas laborais e outros que non as dan derrogado. Causa vergoña allea oír a ministras e ministros que máis semellan tertulianos, criticando o que está da súa man poder cambiar lexislando.

Nós decidimos continuar e intensificar as que iniciamos hai semanas, ás que pretendemos que se sumen o resto de Centrais Sindicais nun momento excepcional coma este. Invitamos tamén a todo o persoal a que nos acompañedes na campaña de mobilizacións que iremos trasladando. Porque aquí non sobra ninguén!

O mércores 28 concentrarémonos en Santiago de Compostela diante das oficinas de Senra, Alfredo Brañas e Santiago del Estero. Seguiremos informándovos.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 210422 [.pdf • 241 kB]



Ningún comentario: