16 de decembro de 2024

Non máis abusos das Mutuas, queremos sanidade pública

Non máis abusos das Mutuas, queremosvsanidade pública!

O lesivo acordo para a pactado polo Goberno español no diálogo social con CC.OO, UGT e a patronal estatal, alén de non garantir o acceso a unha xubilación digna para toda a clase traballadora, aposta por darlle máis poder ás mutuas e que estas axencias privadas poidan xestionar as baixas por doenzas músculo-esqueléticas.

Dende o primeiro momento, a CIG manifestou a súa oposición frontal porque se afonda na privatización da sanidade pública, desviando os recursos a estas entidades, e porque as mutuas xa son, a día de hoxe, un instrumento de abuso enorme a prol dos interese da patronal.

Neste contexto, a central nacionalista o 4 de decembro nos edificios da Xunta das sete cidades e mais en Vilagarcía, para reclamarlle ao Goberno galego que non subscriba acordos de colaboración para transferirlles ás mutuas competencias que son propias do SERGAS.

Está en risco a atención á saúde das persoas traballadoras, as mutuas actúan baixo criterios puramente economicistas e cumpre mobilizarse para frear na rúa e na negociación colectiva os abusos das mutuas.

Lembra que no V Acordo de entre a CEOE e as centrais españolas en 2023, xa se recomendaba promover acordos coas administracións para reducir a duración das baixas, asumindo a falacia do elevado absentismo. Preténdese culpabilizar as persoas traballadoras por estaren enfermas, cando é o sistema laboral e de xestión das mutuas o que falla.

Máis privatización

Como a sanidade é unha competencia transferida ás Autonomías e os acordos do diálogo social non teñen rango de lei, para que en Galiza as mutuas poidan xestionar os procesos de IT e as patoloxías derivadas de enfermidades músculo-esqueléticas, a Consellaría de Sanidade tería que subscribir convenios de colaboración con elas.

A CIG xa mantivo varios encontros coa para demandarlle que non asine este tipo de convenios e dote de recursos suficientes a sanidade pública para garantir a atención nesta materia, porque esta medida de recorte promovida na concertación social e abrazada con entusiasmo polo Executivo estatal, posta en man do PP na Xunta, pode multiplicar os seus efectos negativos. Estáselle facilitando ao PP unha nova ferramenta para avanzar na política de desmantelamento e privatización da sanidade pública galega, contra da que levamos anos loitando.

Aínda que a se limita a dicir que está estudando o convenio que lle remitiu o Goberno español, o certo é que no mes de agosto xa aplicou unha modificación normativa co obxectivo de intensificar as citacións na Inspección Médica para revisar moitos expedientes de baixas laborais, sobre a base dunha gran mentira: que o absentismo é un mal que hai na clase traballadora que impide o emprego.

O recente acordo de pensións endurece o acceso á xubilación parcial e non recoñece coeficientes redutores para a xubilación anticipada aos colectivos laborais que padecen condicións de especial penosidade, perigosidade ou toxicidade, porén preténdese pór as persoas a traballar cando non están en condicións de saúde e por enriba facendo negocio para as entidades que van xestionar esas doenzas, que son as mutuas.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]





Boletín sindical 82–241212 [.pdf • 1'5 MB]



Ningún comentario: