Comité Estatal de Seguridade e Saúde (CESS)
O Radon é a fonte de exposición a radiación natural máis importante e a primeira causa de cancro de pulmón entre as persoas non fumadoras e a segunda entre persoas fumadoras e ex–fumadoras.
En resposta a demanda formulada pola CIG, na última xuntanza ordinaria do CESS o banco facilitou información sobre o seu proxecto de medición do Radon (Rn).
Recordamos que a exposición a este gas incrementa o risco de cancro de pulmón. A súa concentración nos lugares de traballo está regulada no Estado español cun nivel de referencia de 300 Bq∕m³ (becquerel por metro cúbico). A práctica totalidade dos concellos galegos están clasificados polo Consello de Seguridade Nuclear (CSN) como zonas nas que este gas é máis abundante debido a composición do noso chan.
Segundo nos indica o Banco, comezarán as medicións, unha vez que o CSN publique o mapa definitivo. O Banco informa de traballos de medición previstos en 380 centros de traballo. Traballos xa licitados e aprobados para o ano 2025.
Lembremos que as zonas prioritarias de actuación (medición) deben ser aquelas que están encaixadas nas Zonas II e I. Segundo o mapa do Ministerio, a maioría de Galiza atópase nesta Zona II, sendo as provincias de Ourense e Pontevedra as máis afectadas.
Ademais da situación xeográfica, deberán terse en conta as seguintes características:
- Que se trate de centros de traballo sitos no baixo ou baixo rasante.
- A data de construción e última reforma.
- Os tempos de ocupación das zonas de risco.
- O número de persoas traballadoras por centro e a superficie por planta.
En caso de que os valores medidos estean por riba do máximo permitido, as posibles medidas que se aplicarían para eliminar ou mitigar a presenza do gas, en función de cada caso concreto:
- Despresurización do terreo.
- Barreira ou selado de gretas.
- Ventilación natural.
- Ventilación forzada.
A CIG vén reclamando, nas reunións do CESS, de forma recorrente dende hai anos a importancia deste tema, que afecta a practicamente todo o territorio galego, e cunha directa incidencia na empresa pola estrutura das sucursais, nas que tantas horas da nosa vida laboral pasamos.
A publicación en xaneiro de 2024 do PLAN NACIONAL CONTRA O RADON, concreta a obriga de medir en centros de traballo a partir de xuño deste ano. Tamén recomendamos á empresa a posibilidade de colaboración con diversos Laboratorios Galegos con moitos anos de experiencia, onde se suman a meirande parte de medicións do estado.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
http://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
http://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario