21 de abril de 2023

Asemblea Santiago: esta loita tamén é polo dereito á nosa saúde mental

Na asemblea aberta de Santiago, púxose sobre a mesa o noso dereito a traballar sen ter que medicarnos. As políticas comerciais e laborais dos bancos afectan a nosa saúde mental.

Asemblea Compostela (19/04/2023)

A asemblea de traballadores e traballadoras de banca, estivo centrada coma nas anteriores, no brutal recorte salarial que estamos sufrindo pola conxelación salarial, pola falta de cláusulas de revisión co IPC e por subas que non xiran sobre toda a masa salarial.

Unha vez máis abordamos as agresivas políticas comercias, os obxectivos crecentres e unha lexislación que nos responsabiliza pola actuación das cúpulas comerciais.

Pero por primeira vez coincidimos en reclamar un clima laboral que respecte o noso dereito básico á saúde, tamén á mental.

Ter que medicarse para afrontar os requirimentos do banco non é normal. Si ti non tes que tomar medicación, seguramente compartes traballo con persoas que toman a diario ansiolíticos, antidepresivos, ou sonmiferos. O problema non es ti, non é teu. Que sempre vivamos na urxencia inmediata; ter a impresión de que non damos chegado; culpabilizarnos cando saímos da oficina; levarnos os problemas para casa e que non nos deixen durmir. Todo isto é por culpa do modelo comercial salvaxe que nos impoñen, que non respecta os nosos dereitos máis básicos como persoas. Na asemblea compartimos que non hai resposta individual, a resposta ten que ser colectiva. De todos e todas. Por iso seguimos adiante.

A vindeira asemblea aberta será en o 26 de abril no salón de actos do Edificio dos Sindicatos (Av. Alfonso Molina) ás 19:30 h. Únete á resistencia.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]





Comunicado 230421 [.pdf • 105 kB]



Ningún comentario: