Amosando publicacións coa etiqueta saúde-mental. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta saúde-mental. Amosar todas as publicacións

19 de maio de 2026

A presión comercial é acoso laboral

Por unha banca socialmente responsable


O 19 de maio a CIG demos comezo na a unha campaña de mobilizacións, que continuará nos vindeiros meses, para reclamar unha banca socialmente responsábel, que poña as necesidades da clientela por diante dos beneficios escandalosos que amasan quen xestiona as entidades bancarias.

Mobilización na Coruña o pasado martes 19 de maio (2026)

Os traballadores e traballadoras da banca sufrimos un auténtico acoso para colocar produtos financeiros que a clientela non demanda, só para encher máis os petos dos bancos. Con xornadas maratonianas baixo unha falsa flexibilidade: os bancos asignan unha carga de traballo imposible de realizar na xornada legal, e nin pagan, nin cotizan, nin rexistran as horas extra.

8 de maio de 2026

Este banco partirache o corazón

Este banco partirache o corazón!

A SOBRECARGA de TRABALLO, OS OBXECTIVOS de vendas CRECENTES, OS MALOS MODOS ou incluso ás AMEAZAS para que os cumpras, xunto ás ESGOTADORAS XORNADAS LABORAIS e o ESTRÉS son RISCOS PSICOSOCIAIS, que MATAN a 840.000 persoas ao ano (OIT).

As enfermidades cardiovasculares causan o 43 % dos accidentes laborais mortais (INSST).

21 de abril de 2023

Asemblea Santiago: esta loita tamén é polo dereito á nosa saúde mental

Na asemblea aberta de Santiago, púxose sobre a mesa o noso dereito a traballar sen ter que medicarnos. As políticas comerciais e laborais dos bancos afectan a nosa saúde mental.

Asemblea Compostela (19/04/2023)

A asemblea de traballadores e traballadoras de banca, estivo centrada coma nas anteriores, no brutal recorte salarial que estamos sufrindo pola conxelación salarial, pola falta de cláusulas de revisión co IPC e por subas que non xiran sobre toda a masa salarial.

Unha vez máis abordamos as agresivas políticas comercias, os obxectivos crecentres e unha lexislación que nos responsabiliza pola actuación das cúpulas comerciais.