19 de maio de 2026

A presión comercial é acoso laboral

Por unha banca socialmente responsable


O 19 de maio a CIG demos comezo na a unha campaña de mobilizacións, que continuará nos vindeiros meses, para reclamar unha banca socialmente responsábel, que poña as necesidades da clientela por diante dos beneficios escandalosos que amasan quen xestiona as entidades bancarias.

Mobilización na Coruña o pasado martes 19 de maio (2026)

Os traballadores e traballadoras da banca sufrimos un auténtico acoso para colocar produtos financeiros que a clientela non demanda, só para encher máis os petos dos bancos. Con xornadas maratonianas baixo unha falsa flexibilidade: os bancos asignan unha carga de traballo imposible de realizar na xornada legal, e nin pagan, nin cotizan, nin rexistran as horas extra.

Mobilización na Coruña o pasado martes 19 de maio (2026)

E cando as vendas non chegan ao que esixe o banco, ameazas de despedimento, traslado, ataques á dignidade persoal e profesional, máis presión comercial. Esta violencia laboral é o día a día que nos atopamos cando imos a traballar. Para moitas persoas, traballar nun banco é traballar enfermas, nun entorno que as enferma.

Mobilización na Coruña o pasado martes 19 de maio (2026)

Iniciamos mobilizacións en toda a banca para dicir alto e claro:

NON IMOS ATURAR MÁIS OS VOSOS ABUSOS.
O TEMPO DA IMPUNIDADE REMATOU.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!






Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 260519 [.pdf • 999 kB]



Ningún comentario: